Un novo vídeo do BDRI amosa a balea azul avistada en Fisterra nadando e alimentándose de krill "nestas ricas augas". O instituto internacional con sede no Grove destaca que se trata dunha gravación "abraiante e pouco común", que permite coñecer un pouco máis da "misteriosa vida" deste animal
Fálase
O pleno da Deputación de Lugo pide á Xunta que declare a avespa velutina como praga. No último ano o 112 recibiu case 25.000 avisos pola presenza de velutinas.
O incremento das temperaturas dispara este mércores o risco de incendio ata alto, moi alto ou extremo en comarcas do interior. Para este xoves prevese que o risco se incremente na práctica totalidade de Galicia.
O xuíz Llarena defendeu que Alemaña entregase a Puigdemont a España con cartas de Facenda á Fiscalía que non constan na causa xudicial polo 1-O. Cóntao eldiario.es
Unha vaga de calor deixará temperaturas de ata 42 graos en Galicia entre o xoves e o domingo. Meteogalicia actualiza as súas alertas meteorolóxicas neste espazo.
Vinte e dúas persoas optarán a dirixir RTVE a través do concurso público xa en marcha, entre elas varias históricas profesionais da corporación estatal. Vertele debulla os seus perfís profesionais.
A Consellería de Facenda cita para este martes, día 31, aos sindicatos dos axentes forestais para negociar na véspera da data fixada como inicio da folga indefinida convocada por CIG e UGT. Á cita están convocados ambos sindicatos e tamén CC.OO. e CSI-F.
Pablo Casado endurece o discurso do PP contra a inmigración, afirmando que "non hai papeis para todos" e empregando cifras falsas. Os datos desmenten que o recente pico migratorio se deba a un "efecto chamada" polas últimas decisións do Goberno central.
A APDR colocou lazos verdes polas rúas de Pontevedra para celebrar a fin da concesión a Elnosa para o uso de terreos en dominio público. "Hoxe é o primeiro día dun futuro verde para a Ría", destaca a entidade, que este venres esixiu o remate da actividade da factoría en Lourizán.
A deputada Magdalena Barahona anuncia que abandona o seu escano no Parlamento galego por motivos de saúde. O seu posto será ocupado por Flora Miranda, seguinte nas listas de En Marea pola Coruña