Cataluña volverá plantar a Wert no seu encontro sobre Universidades. Así o anunciou a Generalitat nun comunicado, no que amosa de novo o seu rexeitamento á proposta de reforma da Lomce.
Fálase
O Faro publica que o pasado sábado Feijoo lle ofreceu a Javier Guerra ser o candidato do PP á alcaldia de Vigo, nunha reunión "tensa" na que lle adiantou que non repetiria como conselleiro.
A prensa catalá segue monopolizada polo rexeitamento á reforma educativa de Wert. El Periódico: "Ni un paso atrás", Ara: "El catala no és negociable" ou La Vanguardia: "Amplio rechazo en Catalunya a la reforma educativa de Wert"
Jordi Pujol escribe un duro artigo en El Periódico de Catalunya contra o proxecto educativo do PP titulado "La ofensiva ya ha empezado" no que afirma que "volvemos aos tempos da resistencia porque contra nós volveu espertar o espírito hostil que quere a nosa residualización"
A Asociación Americana de Psiquiatría, responsable da elaboración do DSM, o catálogo de enfermidades mentais máis utilizado do mundo, deixa de considerar a transexualidade como trastorno da identidade sexual pero substitúeo pola diagnose de disforia de xénero, polo que mantén unha certa patoloxización.
A UE pediralles aos Estados membros que ofrezan por lei unha alternativa aos mozos e mozas en paro de longa duración: un emprego, unhas prácticas ou unha formación complementaria.
Denuncian que a alcaldesa de Moraña impediu a gravación do pleno do Concello por parte de Quinteiro, xornal dixital da comarca do Umia, a pesar de que a lei permite a gravación e difusión dos plenos municipais.
Wert asegura que o seu borrador "non cambia o réxime lingüístico catalán". "O ataque á escola catalá é rotundamente falso; non se diminúe o catalán e establécese a paridade", asegura tras a conferencia sectorial de educación.
Unha familia da Pobra do Caramiñal cede tres vivendas para persoas desafiuzadas ou sen recursos, informa Galiciaé. A cesión encoméndanlla a Stop Desafiuzamentos.
Masivas protestas contra o presidente Morsi na praza Tahrir. A policia está a empregar gases lacrimóxenos contra os manifestantes. Oito xornais fixeron folga este martes en protesta polas restricións á liberdade de expresión e as televisións privadas farán o mesmo este mércores.