Amaya Moro Martín, investigadora astrofísica do CSIC, estará este xoves na Coruña nos Afterworks organizados pola Asociación de Emprendedores de Galicia. En xaneiro marcha aos Estados Unidos a traballar para a NASA, e escribiulle unha célebre carta a Rajoy na que denuncia a crítica situación da investigación en España.
