VÍDEO | Así soa AC/DC a ritmo de rondalla galega. A Rondalla Santa Eulalia de Mos incorporou o tema Thunderstruck do grupo australiano durante os tradicionais Ranchos de Reis de Redondela, tal e como recolle este vídeo de Redondela TV. A formación volveu realizar esta interpretación no Certame de Rondallas celebrado en Vigo a pasada fin de semana.
Fálase
O Supremo revisa a absolución do cantante de Def Con Dos, que fora acusado de enaltecer o terrorismo e humillar as vítimas por uns chíos en Twitter.
O Goberno de España, disposto a dar marcha atrás no almacén nuclear de Almaraz, a cen quilómetros da fronteira portuguesa, segundo asegura a prensa lusa. A construción desta infraestrutura está a ser fortemente contestada no país veciño.
Un xuíz obriga a devolver máis de 35.000 euros a dúas familias polas cláusulas solo. Anula a condición contractual e condena os bancos a restituír todos os cartos cobrados de máis.
O Sergas fai dobres outros 18 cuartos no Cunqueiro polo aumento de ingresos. O Chuvi ampliou en 78 o seu número de camas en dous días.
14 alcaldes da comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña denunciaron este martes a "inacción" e o "continuo incumprimento das promesas aprazadas" na construción da Vía de Altas Prestacións da Costa para a "necesaria vertebración dos territorios historicamente illados do norte das provincias da Coruña e Lugo". Criticaron especialmente a Alberto Núñez Feijoo, que hoxe inaugurou un treito de 8 quilómetros entre Cervo e Viveiro, cun atraso de tres anos e medio
A reserva hidráulica dos encoros que abastecen Galicia sitúase no 46%, por debaixo da media española (51%) e descendendo con respecto á última semana.
Esgotadas as entradas para a nova edición de Cantos na Maré, que se celebra este sábado en Pontevedra. A organización lembra que "son de entrada libre as actividades paralelas" do festival, como a conversa e cantos con Manecas Costa, o xoves, un obradoiro musical para escolares con Kátya Teixeira, o venres.
A Facultade de Informática da UDC acollerá en marzo o congreso María Pita DefCon, centrado na seguridade informática e a visibilización e integración da muller no ámbito das TIC. Espérase que polo evento pasen, durante unha semana, medio milleiro de participantes e que nel se dean a coñecer "os principais avances en materia de seguridade informática"
En galego, sen prexuízos. A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publica o seu calendario de 2017 con ilustracións de Luís Davila, unha ducia de mensaxes a prol do uso da lingua galega para acompañar todo o ano. Pódese descargar nesta ligazón