14 alcaldes da comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña denunciaron este martes a "inacción" e o "continuo incumprimento das promesas aprazadas" na construción da Vía de Altas Prestacións da Costa para a "necesaria vertebración dos territorios historicamente illados do norte das provincias da Coruña e Lugo". Criticaron especialmente a Alberto Núñez Feijoo, que hoxe inaugurou un treito de 8 quilómetros entre Cervo e Viveiro, cun atraso de tres anos e medio
Fálase
A reserva hidráulica dos encoros que abastecen Galicia sitúase no 46%, por debaixo da media española (51%) e descendendo con respecto á última semana.
Esgotadas as entradas para a nova edición de Cantos na Maré, que se celebra este sábado en Pontevedra. A organización lembra que "son de entrada libre as actividades paralelas" do festival, como a conversa e cantos con Manecas Costa, o xoves, un obradoiro musical para escolares con Kátya Teixeira, o venres.
A Facultade de Informática da UDC acollerá en marzo o congreso María Pita DefCon, centrado na seguridade informática e a visibilización e integración da muller no ámbito das TIC. Espérase que polo evento pasen, durante unha semana, medio milleiro de participantes e que nel se dean a coñecer "os principais avances en materia de seguridade informática"
En galego, sen prexuízos. A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publica o seu calendario de 2017 con ilustracións de Luís Davila, unha ducia de mensaxes a prol do uso da lingua galega para acompañar todo o ano. Pódese descargar nesta ligazón
Dous xuíces insultan a xuíza De Lara e a Vixilancia Aduaneira durante unha conversa cun imputado por branqueo. "Está tola perdida, vaille caer un carallazo", dise nunha conversa gravada polos investigadores e que vén de revelar a SER. Hai só uns días, o Colexio de Avogados da Coruña denunciou a maxistrada por unha suposta vulneración de segredo profesional.
Unanimidade no pleno da Coruña esixindo a reapertura do caso Jimmy. Todos os grupos apoian unha moción do BNG que denuncia tamén a "impunidade da que gozan os grupos neonazis e de extrema dereita en España".
En Marea insta a Xunta a "reabrir as unidades hospitalarias pechadas" para paliar o "colapso" das urxencias en varios centros do país
O BNG anuncia a posta en marcha dunha campaña a prol dun concerto económico para Galicia. Avanzouna Ana Pontón na súa exposición das "prioridades" do Bloque para o novo ano.
O pleno municipal da Coruña comeza gardando sete minutos de silencio, un por cada muller asasinada pola violencia machista no Estado dende a anterior xuntanza. Pódese seguir en directo nesta ligazón