O Goberno central prorrogará o estado de alarma e o confinamento obrigatorio cando menos 15 días máis. Así llo comunicou Pedro Sánchez a todos os presidentes autonónicos a través de teleconferencia. A medida, estendida ata o remate da Semana Santa, deberá ser aprobada polo Congreso
Fálase
Italia ordena o peche en todo o territorio "de todas as actividades produtivas non necesarias e indispensables para garantir servizos esenciais", cando menos ata o día 3 de abril. Continuarán abertos supermercados e negocios de primeira necesidade. Ata o momento 4.800 persoas no país por mor do coronavirus
Pedro Sánchez advirte de que "o peor está por chegar" e evita poñer unha data ao remate do confinamiento. O presidente do Goberno central pide manter a "unidade" e rexeita entrar en reproches ante as críticas realizadas por algúns presidentes autonómicos, como Torra ou Ayuso. O Ministerio de Sanidade informa de que nos vindeiros días chegarán 640.000 tests rápidos para detectar o coronavirus.
O Servizo de Extinción de Incendios do Aeroporto da Coruña únese, con gaita e con bucinas, ao recoñecemento a todos os profesionais que están a loitar contra o coronavirus
A Esmorga pódese ver de balde na rede ata este luns na súa versión orixinal en galego. A produtora do filme, Vía Láctea, púxoa a disposición de todo o mundo para facer máis levadeiro o confinamento obrigado polo coronavirus. Recuperamos unha entrevista de 2014 co seu director, Ignacio Vilar, que destacaba aquí que "a xente sae orgullosa de ver A Esmorga"
O número de positivos polo Covid-19 en España achégase ás 25.000, con case cinco mil novos casos rexistrados este venres. O número de falecementos sitúase nos 1.326, 324 máis que onte. A Xunta detallará os datos galegos antes do mediodía.
Un profesor de música da Estrada compón unha canción para explicarlles a nenos e nenas o que é o coronavirus e as precaucións que hai que tomar para evitar contaxios. O título é 'Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus'
A Comisión Europea suspende temporalmente as regras fiscais de limitación de débeda e déficit para os países membros para así loitar mellor contra o coronavirus e os seus efectos. A flexibilización do Pacto de Estabilidade permitirá que os Estados gasten máis para protexer a cidadanía e tentar evitar unha recesión económica
Teletraballo saudable: O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC proporciona pautas de ergonomía. Mesa, asento ou postura son algunhas das recomendacións.
Naturgy anuncia que subministrará gratuitamente electricidade e gas a todos os hoteis e residencias que cedan as súas instalacións á Sanidade Pública para facer fronte ao Coronavirus. A compañía aprazará tamén as facturas de luz e gas de pemes e autónomos que se emitan a partir de agora; poderán pagarse na segunda metade do ano