O Servizo de Extinción de Incendios do Aeroporto da Coruña únese, con gaita e con bucinas, ao recoñecemento a todos os profesionais que están a loitar contra o coronavirus

O Servizo de Extinción de Incendios do Aeroporto da Coruña únese, con gaita e con bucinas, ao recoñecemento a todos os profesionais que están a loitar contra o coronavirus
A Esmorga pódese ver de balde na rede ata este luns na súa versión orixinal en galego. A produtora do filme, Vía Láctea, púxoa a disposición de todo o mundo para facer máis levadeiro o confinamento obrigado polo coronavirus. Recuperamos unha entrevista de 2014 co seu director, Ignacio Vilar, que destacaba aquí que "a xente sae orgullosa de ver A Esmorga"
O número de positivos polo Covid-19 en España achégase ás 25.000, con case cinco mil novos casos rexistrados este venres. O número de falecementos sitúase nos 1.326, 324 máis que onte. A Xunta detallará os datos galegos antes do mediodía.
Un profesor de música da Estrada compón unha canción para explicarlles a nenos e nenas o que é o coronavirus e as precaucións que hai que tomar para evitar contaxios. O título é 'Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus'
A Comisión Europea suspende temporalmente as regras fiscais de limitación de débeda e déficit para os países membros para así loitar mellor contra o coronavirus e os seus efectos. A flexibilización do Pacto de Estabilidade permitirá que os Estados gasten máis para protexer a cidadanía e tentar evitar unha recesión económica
Teletraballo saudable: O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC proporciona pautas de ergonomía. Mesa, asento ou postura son algunhas das recomendacións.
Naturgy anuncia que subministrará gratuitamente electricidade e gas a todos os hoteis e residencias que cedan as súas instalacións á Sanidade Pública para facer fronte ao Coronavirus. A compañía aprazará tamén as facturas de luz e gas de pemes e autónomos que se emitan a partir de agora; poderán pagarse na segunda metade do ano
España supera os 1.000 falecementos polo coronavirus e rolda as 20.000 persoas contraxiadas (19.980), con 1.141 persoas ingresadas na UCI, segundo vén de confirmar Fernando Simón en rolda de prensa. Madrid suma a metade das mortes e máis dun terzo dos positivos. A Xunta detallará os datos galegos a última hora da mañá. O Ministerio de Sanidade alertou este xoves que o pico de contaxios "se achega".
Loito en Comisións Obreiras polo falecemento do coruñés José Luis Paz Pena polo coronavirus. "Paz Pena sempre será lembrado polo seu compromiso sindical dende a súa militancia nas CCOO dende a clandestinidade, loitando contra o franquismo e construíndo a organización do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia", sinalan. O veterano sindicalista tiña 75 anos e é o quinto falecido en Galicia polo virus. Os seus compañeiros do sindicato animan a transmitira as condolencias polo seu pasamento a través do Facebook da organización ou por correo electrónico.
ESPECIAL #VINTENAREDE. Como o vídeo en internet nos axuda a levar o confinamento polo coronavirus. VINTE fai un repaso polos contidos e iniciativas máis interesantes destes días