ESPECIAL #VINTENAREDE. Como o vídeo en internet nos axuda a levar o confinamento polo coronavirus. VINTE fai un repaso polos contidos e iniciativas máis interesantes destes días

ESPECIAL #VINTENAREDE. Como o vídeo en internet nos axuda a levar o confinamento polo coronavirus. VINTE fai un repaso polos contidos e iniciativas máis interesantes destes días
O Banco Central Europeo anuncia unha inxección de ata 750.000 millóns de euros polo coronavirus e contempla a compra de débeda tanto pública como privada.
O rei Felipe VI afirma nunha mensaxe televisada que "o virus non nos vencerá" senón que "nos fará máis fortes como sociedade"; ademais, agradeceu o esforzo do persoal sanitario, que cualificou como "a nosa primeira liña de defensa". O discurso do monarca foi respondido en moitas casas por una cazolada convocada para pedir que se obrigue ao rei emérito Juan Carlos a doar á sanidade pública os 100 millóns que recibiu de Arabia Saudí en paraísos fiscais. Ampliamos a información neste espazo
Así se reparte a comida ás persoas confinadas en Beijing ao chegaren do estranxeiro para previr o coronavirus. As autoridades da cidade chinesa esixen facer corentena á poboación que chega doutros países e, se non poden ficar illadas na casa, son enviadas a un hotel no que a alimentación é distribuída mediante estas máquinas (Imaxes: He Mao/Cedidas)
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, con sede en Pontevedra, entrega "todo o material" do que dispón e "pode ser de utilidade" para "os equipos sanitarios que loitan contra o coronavirus, caso das luvas que utilizan habitualmente no seu traballo. Imaxe divulgada pola escola.
A Xunta Electoral de Galicia avala a suspensión das eleccións galegas polo coronavirus, que hoxe formaliza o Consello da Xunta, e o procedemento proposto polo Goberno galego tras a xuntanza cos partidos políticos para adialas. A autoridade electoral concorda en que a mellor vía é reiniciar o proceso electoral íntegro tras o estado de alarma e a emerxencia sanitaria.
Pedro Sánchez comparece ante o Congreso, cun hemiciclo practicamente baleiro, para explicar o estado de alarma vixente a causa do coronavirus. Pódese seguir ao vivo na canle institucional da Cámara Baixa.
O Ministerio de Traballo frea o ERE temporal presentado por Burger King por mor do coronavirus e obriga a empresa a reformulalo, ao considerar que non se dan as condicións para consideralo de forza maior. Adiántao El Confidencial. (Imaxe: Google Street View)
A selectividade queda aprazada polo coronavirus. Tras discutíreno os ministerios implicados con autonomías e universidades, a proba queda adiada e acomodarase unha nova data en función da evolución da crise sanitaria.
Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común, confirma o seu positivo por coronavirus. "O xoves iniciei unha corentena" por estar "en contacto con xente diagnosticada", explica a través das redes sociais, nas que detalla que o pasado domingo, persoal do Sergas lle realizou a proba na casa. "Continúo traballando desde a casa e pronto para seguir, como ata agora, todas as prescripcións sanitarias para frear a expansión do virus", agrega. Gómez-Reino participa hoxe nunha nova videoconferencia co resto de líderes dos partidos galegos.