O pequeno comercio prepárase para unha caída do consumo tras o confinamento e apela á conciencia cidadá
Os negocios de alimentación locais notan unha baixada na facturación porque os consumidores optan por supermercados e grandes superficies
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Clientes de prostitución seguen a demandar servizos pese ao confinamento polo coronavirus
Os clubs permanecen pechados, pero algúns pisos seguen tendo actividade. Parte dos homes que buscan a prostitución estes días pídenlles ás mulleres que se despracen elas á vivenda, co que quedan máis expostas a contaxios e multas
O Estado impide despidos polo coronavirus e obriga a manter os contratos temporais ata a fin da crise sanitaria
A Inspección de Traballo revisará os ERTE e, se hai incumprimentos, o empresario será sancionado e deberá devolver as contías percibidas
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Os festivais de música galegos resístense a cancelaren polo virus, unha "ameaza de morte" para o sector
O Resurrection Fest e O Son do Camiño manteñen os plans polo momento. Outros eventos previstos para marzo ou abril, como o Esmorga ou o Melona Fest, comezan a ollar máis alá de setembro para manter a convocatoria
A caída da demanda polo coronavirus agrava a situación da pesca e o marisqueo despois dun inverno "moi malo"
A pesca tiña unha situación mellor que a do marisqueo ata o de agora, pero xa empezou a ter problemas para vender o produto, segundo as confrarías
Finsa súmase ás grandes empresas galegas que presentan ERTE cunha suspensión temporal para 1.600 persoas
En total hai 70.084 empregados afectados por este tipo de medidas en Galicia. PSA asinou coa maioría sindical o ERTE para máis de 7.400 persoas
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Mulleres confinadas co seu agresor: máis risco de maltrato e máis medo e depresión
Asociacións que apoian ás mulleres que sofren violencia machista apelan á dispoñibilidade da policía e piden a implicación da veciñanza se detecta indicios. Seguen funcionando os teléfonos de información específicos e, ante emerxencias, recoméndase chamar ao 112 ou ás forzas de seguridade
PSA activa o ERTE na factoría de Vigo e as persoas afectadas por esta medida xa son 45.500 en toda Galicia
O número total de expedientes é de 8.276, concentrados nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde hai máis tecido empresarial
- Reportaxe Coronavirus
- Economía
Autónomos, ante a falta de ingresos polo coronavirus: "O que nos dá medo é ter que volver empezar"
A paralización de actividades para deter o espallamento do virus provoca que moitos profesionais queden sen actividade. Temen unha crise económica que reduza clientes e encargos tamén a medio prazo.
O persoal de residencias de maiores, con nove casos de coronavirus confirmados, denuncia falla de medios de protección
Nun centro de Santiago están illadas 60 persoas tras varios contaxios. As coidadoras no fogar tamén notan a escaseza de materiais de protección e avisan de que algúns usuarios se están a dar de baixa por medo
- Entrevista | Xabier Díaz
- Cultura
"Todo ao leste do Eixo Atlántico é un silencio clamoroso: desatendido, despoboado e caendo pouco a pouco"
Cando comezou a percorrer as aldeas galegas recollendo cantos populares, di, era un “urbanita” que pensaba que "o mundo estaba vertebrado polos Dire Straits e tres garitos de copas". E decatouse de que había “un mundo agochado”
Multiplícanse os ERTE polo coronavirus, por riba dos 4.200 en Galicia
A cifra é sete veces superior á de hai dous días, recén aprobadas as medidas do paquete económico do Estado