Os sindicatos reclaman solucións para a "crise industrial" no Día da Clase Obreira Galega
Como cada 10 de marzo, as centrais sindicais lembraron a Amador e Daniel, asasinados por disparos da policía franquista en 1972. A descarbonización debe ser "xusta", segundo CCOO, que pide paliar os efectos sobre o emprego. A CIG demanda unha derrogación "inmediata" da reforma laboral
A ONU reprende a España pola violencia obstétrica sufrida por unha galega nun parto no Sergas
Considera que a muller se viu sometida a "intervencións médicas innecesarias" para as que non lle pediron consentimento e reclama unha reparación polos danos físicos e psicolóxicos que sufriu
- Datos Coronavirus
- Economía
Galicia encara as turbulencias económicas polo coronavirus sen avances na converxencia coa UE
A renda per cápita galega era en 2018 o 82 por cento da media europea, nivel similar aos rexistrados desde 2011 e que se afasta do 90 por cento que se acadara antes da crise
- Reportaxe 8M 2020
- Movementos sociais
Caras cotiás do machismo: tres mulleres relatan como impregna o seu día a día
As protestas feministas poñen este ano o foco nos coidados, tarefas que recaen maioritariamente sobre as mulleres. Tres delas falan de situacións de acoso e discriminación e das dificultades para ter igualdade de oportunidades
- Documento Galegas 2020
- Política
A Xunta Electoral obriga o PP a retirar ou modificar o vídeo de precampaña con simboloxía do Goberno galego
A autoridade electoral atende parcialmente a denuncia do BNG e considera que a difusión do vídeo pode levar o electorado a unha "confusión" entre o PP e a Xunta. Considera que se dá unha "apropiación dunha institución galega, a Xunta, nun vídeo de presentación do candidato do Partido Popular"
Falece un home en Lalín tras esperar máis de media hora a que unha ambulancia o levase a un centro sanitario
A ambulancia máis cercana era a de Chantada, a uns 40 quilómetros, porque as dúas que se ocupan da zona estaban atendendo outros servizos nese momento
- Vídeo Galegas 2020
- Política
O PP enche de bandeiras co logotipo da Xunta o seu vídeo musical de campaña
A canción é obra, unha vez máis, do grupo Los Limones e leva como título 'Galicia é moito'. As siglas do partido aparecen nalgunhas imaxes de actos políticos e ao final do vídeo; a bandeira 'da Xunta', ata en 28 ocasións
- Datos
- Economía
Galicia encadea tres anos de desaceleración económica
O freo no produto interior bruto déixase notar nos datos do paro, que tamén baixan a un ritmo menor. Entre 2008 e 2014 destruíronse más de 200.000 empregos en Galicia e só se xeraron 97.000 dende entón
Abanca propón un ERE para 250 persoas e o peche de 55 oficinas pola integración de Banco Caixa Geral
Pecharán oficinas en lugares nos que haxa solapamentos e a intención é que se acolla ao ERE o persoal de máis idade. Boa parte do equipo de Abanca pasou xa por catro expedientes de extinción de relación laboral dende a fusión das antigas caixas galegas