O telemárketing reduce a actividade pero seguen as queixas pola insuficiencia da protección contra o coronavirus
Bosch, en Vigo, presentou un ERTE para máis de 1.300 persoas. En Atento, onde o persoal denunciou as deficiencias nas medidas de prevención ante a Inspección de Traballo, están a espera de que revisen o seu caso
Galicia rexistra 630 expedientes de regulación temporal do emprego polo coronavirus que afectan a 5.187 persoas
Algúns entes locais comezan a anunciar medidas propias para protexer o emprego. O Concello de Lugo manterá os termos dos contratos coas adxudicatarias para que non haxa suspensións de contratos
Así se concretan as medidas do paquete económico contra a crise do coronavirus
O decreto publicado no BOE especifica que todas as medidas estarán vixentes un mes, aínda que son prorrogables se o estado de alarma se estende
O Estado aproba unha moratoria de hipotecas e garantías de enerxía, auga e telecomunicacións polo coronavirus
Mobilizará 200.000 millóns de euros, dos que 117.000 millóns procederán das arcas públicas, para o conxunto das medidas económicas e sociais para facer fronte ao coronavirus. "Non imos deixar a ninguén atrás", afirmou Pedro Sánchez
Persoal de telemárketing denuncia na Inspección de Traballo o incumprimento das medidas de prevención do coronavirus
No primeiro día laborable en estado de alarma algunhas persoas negáronse a ocupar o seu posto durante horas porque a separación é de menos de un metro e comparten os equipos, mesmo os cascos
A planta de PSA de Vigo deixa de producir hoxe e pecha dende o mércores
A empresa decidiu o cese da actividade de todas as súas plantas en Europa ao longo desta semana pola "aceleración" na aparición de casos graves de coronavirus na contorna e as dificultades de suministro e dos mercados automobilísticos
Sindicatos da planta de PSA en Vigo mobilizaranse se a empresa non paraliza a produción polo coronavirus
Consideran que as decisións tomadas ata o de agora son "insuficientes" para garantir a seguridade dos traballadores e insisten nun peche inmediato. A empresa argumenta que a declaración do estado de alarma non esixe que as industrias deixen de funcionar
O rural galego afronta o coronavirus "sen histeria" e con preocupación polo coidado dos animais se hai corentenas
Provocan inquedanza posibles contaxios que obriguen a corentenas a todo o persoal dunha explotación, que son habitualmente familiares, e ninguén se poida ocupar dos animais
A suspensión de voos dende Malta polo virus deixa 36 estudantes de Ourense sen conexión de volta
As familias puxéronse en contacto coa Embaixada de España, pero quéixanse de que non teñen información desde o mércores e descoñecen cando poderán ver aos seus fillos, que se atopan ben
Absolto na vía penal o ex-xefe do Corte Inglés de Santiago condenado por acoso sexual por un xulgado do social
O xuíz considera que os feitos non se axustan ao que o Código Penal define como acoso sexual. A "pura solicitude de favores de natureza sexual no ámbito laboral non é delitiva", pois debe provocar unha situación "gravemente intimidatoria ou humillante", argumenta
O impacto económico do coronavirus déixase sentir en Galicia na automoción, o téxtil e a hostalaría
O Goberno central anuncia unha moratoria de seis meses para o pago de impostos para pemes e autónomos e unha liña do ICO para empresas turísticas
A ONU recomenda revisar as medidas que reducen o ensino en linguas oficiais como o galego
O informe do relator especial sobre cuestións das minorías considera que en Galicia as iniciativas que promoven a visibilidade do galego "parecen impresionantes inicialmente", pero cre que moitas "non se implementan de forma efectiva"