O TSXG tamén desestima o recurso da Mesa por la Libertad Lingüística contra o decreto do plurilingüismo e volve tumbar o cerne da política lingüística da Xunta. O ditame rexeita que os pais ou os nenos poidan elixir o idioma do ensino. Máis información, nuns minutos en Praza.
Fálase
Un grupo de estudantes irrompeu onte nunha clase de Juan Antonio Moral Santín na Universidade Complutense. Moral Santín é catedrático de Economia Aplicada na UCM e foi conselleiro de BANKIA e deputado de Izquierda Unida no parlamento de Madrid. Esta mañá estaba previsto que declarase no xuizo do caso BANKIA, onde foi increpado por afectados por preferentes e desafiuzamentos.
- A plataforma Queremos Galego concéntrase a esta hora ante San Caetano para esixir a derrogación do decreto do plurilingüismo e o cumprimento da sentenza do TSXG
O Papa Benedito XVI vén de publicar o seu primeiro tweet: unha non moi orixinal mensaxe de agradecemento aos seus seguidores.
A alemá Dachser faise con Azkar. Ten xa o control total da empresa de transportes ao mercar o 90% das accións á familia Somoza e quedar así co 100% tras completar o 10% que xa posuía.
Esta mañá desenvólvese no Parlamento vasco o debate de investidura, que finalizará coa elección de Íñigo Urkullu como novo lehendakari.
Salvamento Marítimo informa de que está a coordinar dende Fisterra a busca dun home caído ao mar dende un cantil en Oia
Continúa o xuizo do Prestige. Nestes momentos está declarando de novo o ex Capitán Marítimo de A Coruña Ángel del Real
Rajoy culpa o PSOE dos recortes por non cumprir co déficit. Respondeu así as acusacións de Rubalcaba, que o sinalou por "destrozar" o Estado social durante a sesión de control do Congreso.
Wert afirma no Congreso en resposta ás preguntas de varios deputados que o Goberno "non ten a menor intención de atacar a escola en catalán" e que "o catalán ten, como mínimo, o mesmo tratamento que a lingua castelá". O republicano Alfred Bosch dille que "chocou contra un xigante: unha nación decidida a defender os seus fillos, a súa escola e o seu futuro".