Hugo Chávez será operado nunhas horas na Habana do cancro que sofre
Fálase
O fondo de rescate transfire a España os 40.000 millóns para a banca nacionalizada. A axuda chegará a entidades como Novagalicia Banco durante este mes.
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, non acudiu ao consello europeo de ministros de Traballo para acudir á recepción oficial do Día da Constitución. Cóntao El Diario.
O xuiz da Audiencia Nacional Eloy Velasco vén de procesar a Xurxo Rodríguez Oliveira, Diego Santín Montero Héctor e José Naya Gil, alias 'Koala', por un delicto de pertenenza a organización terrorista e outro de colocación de explosivo terrorista. Acúsaos de pertencer a Resistencia Galega e de colocar tres artefactos explosivos en el monte Sampaio de Vigo o pasado 4 de agosto. Tamén acusa de "encubrimiento terrorista" a Artur Rodríguez Oliveira e Noa González Pérez.
O escritor vasco Willy Uribe, en folga de fame para esixir o indulto de David Reboredo
Afectados polas preferentes ocupan a sede central de NGB na Coruña. Unhas 200 persoas manifestáronse polas rúas e pediron que se aclare se continuará a vía da arbitraxe.
O Parlamento Europeo aproba a patente única para toda a UE agás España e Italia. O Goberno español rexéitaa porque non será posible realizar os rexistros en castelán.
O Tribunal Constitucional suspende a paga extra de Nadal aos funcionarios de Euskadi, decidida polo Goberno vasco. O TC admitiu a trámite o recurso presentado polo Goberno central. O Executivo vasco deu este luns a orde de pago.
A CUP denuncia que CiU vetou a súa participación no cumio para defender o modelo de inmersión lingüistica á que si están convidados ERC, PSC e ICV-EUiA.
Carme Chacón critica a decisión da dirección federal do PSOE de non adiantar as primarias. Advirte de que o partido non pode aparentar que "ten todo o tempo do mundo" para facer primarias "porque moita xente non o ten".