A CUP denuncia que CiU vetou a súa participación no cumio para defender o modelo de inmersión lingüistica á que si están convidados ERC, PSC e ICV-EUiA.
Fálase
Carme Chacón critica a decisión da dirección federal do PSOE de non adiantar as primarias. Advirte de que o partido non pode aparentar que "ten todo o tempo do mundo" para facer primarias "porque moita xente non o ten".
Berlusconi abre a súa campaña cunha estratexia euroescéptica e populista e acusando Alemaña de ser o responsable da crise. Deixa caer que poderia presentarse baixo a marca de Forza Italia e en coalición coa Liga Norte
A Asamblea de Madrid prohíbe a asistencia de público ás súas sesións plenarias. Avánzao Europa Press na súa web.
A esta hora reúnese no Parlamento a Xunta de Portavoces para configurar a orde do día do primeiro pleno ordinario da lexislatura, que se celebrará a vindeira semana
Aznar pide a Rajoy que "actúe con todas as consecuencias" ante a "aventura secesionista" de ERC e CiU.
O Concello de Santiago vén de anular a rolda de prensa que tiña prevista a súa concelleira de Educación para esta mañá. Hoxe transcendeu que a edila está citada a declarar como imputada no caso Pokémon.
Xogadores do Obradoiro de baloncesto axudaron onte a darlle a volta a un vehículo accidentado nas proximidades do aeroporto de Santiago. En Galiciaé
Continúan en Catalunya as protestas contra a reforma educativa, que inclúen a edición dun vídeo sobre os "tópicos" arredor do ensino en lingua catalá. Cóntao Vilaweb. En Galicia, as mobilizacións comezan mañá.
Caixas en problemas propoñen cambiar salario variable por accións. Esta é a proposta nalgunhas entidades ante os duros plans de axuste, segundo conta Cinco Días.