Berlusconi abre a súa campaña cunha estratexia euroescéptica e populista e acusando Alemaña de ser o responsable da crise. Deixa caer que poderia presentarse baixo a marca de Forza Italia e en coalición coa Liga Norte
Fálase
A Asamblea de Madrid prohíbe a asistencia de público ás súas sesións plenarias. Avánzao Europa Press na súa web.
A esta hora reúnese no Parlamento a Xunta de Portavoces para configurar a orde do día do primeiro pleno ordinario da lexislatura, que se celebrará a vindeira semana
Aznar pide a Rajoy que "actúe con todas as consecuencias" ante a "aventura secesionista" de ERC e CiU.
O Concello de Santiago vén de anular a rolda de prensa que tiña prevista a súa concelleira de Educación para esta mañá. Hoxe transcendeu que a edila está citada a declarar como imputada no caso Pokémon.
Xogadores do Obradoiro de baloncesto axudaron onte a darlle a volta a un vehículo accidentado nas proximidades do aeroporto de Santiago. En Galiciaé
Continúan en Catalunya as protestas contra a reforma educativa, que inclúen a edición dun vídeo sobre os "tópicos" arredor do ensino en lingua catalá. Cóntao Vilaweb. En Galicia, as mobilizacións comezan mañá.
Caixas en problemas propoñen cambiar salario variable por accións. Esta é a proposta nalgunhas entidades ante os duros plans de axuste, segundo conta Cinco Días.
Máis de 200 persoas pediron onte en Vigo o indulto para David Reboredo nun acto no que tamén participou o seu pai e o resto da súa familia. Os asistentes ao acto levaban unha venda nos ollos representando a xustiza.
Afectados polas preferentes do Baixo Miño péchanse no Concello do Rosal e anuncian que están dispostos a pasar ali todas as festas de nadal e reis e só rematarán co peche cando recuperen os seus cartos.