Os premios Fest aos mellores festivais recoñecen a varios galegos en varias categorías: o Resurrection pola súa achega turística á súa contorna, o Portamérica pola súa zona gastronómica e a súa comunicación cun documental de concienciación ambiental, e O Son do Camiño como festival revelación.
Fálase
O CIS mantén o PSOE como primeira forza en intención de voto e baixa o PP á terceira posición, por tras de Ciudadanos, e por diante de Unidos Podemos e as súas confluencias, que serían cuarta forza. Son os resultados do barómetro de outubro, xa atinxido pola nova metodoloxía instaurada tras o cambio de Goberno en España e a toma de posesión do novo equipo directivo do instituto demoscópico estatal.
A compostelá sala Numax, sede por segundo ano consecutivo da iniciativa europea LUX Film Days, coa que a Eurocámara, o Programa MEDIA Europa e Europa Cinemas distinguen os "filmes que mellor ilustran os valores sociais europeos e a súa diversidade cultural". Vinte e catro cinemas de todo o continente acollerán as proxeccións simultáneas das películas A muller da montaña e STYX.
Multitude de eloxios ao xogador do Celta Fran Beltrán, nado en Seseña (Toledo), por aprender galego e usalo en público. Beltran quixo empregar a lingua galega para recibir o premio que o distingue como xogador preferido da afección do equipo vigués no mes de setembro.
EPA | O paro descendeu en Galicia en 22.000 persoas no terceiro trimestre do ano, unha baixada de 28.700 a respecto do ano anterior que deixa a cifra total en 153.000. No mesmo período o emprego incrementouse en 20.700 persoas no país, 24.000 máis que un ano antes. Toda a información, hoxe en Praza.gal.
Casado sentencia que Pedro Sánchez é "responsable dun golpe de Estado" que, segundo o líder do PP, "se está a perpetrar en España". Afirmouno durante o debate sobre o último Consello Europeo e mais a venda de armas a Arabia Saudita, no que Sánchez considerou que cómpre manter os contratos de corbetas militares para ese país para "defender os intereses de España". (Imaxes: Congreso dos Deputados)
A Audiencia Nacional confirma a apertura de xuízo a Gayoso e outros tres ex-directivos de Caixanova por unha operación inmobiliaria de 40 millóns en Madrid. O xuíz imponlles unha fianza de responsabilidade civil de 68,3 millóns no proceso, no que acusan a Fiscalía, a Avogacía do Estado e Abanca.
Fariña, da galega Bambú Producciones, triunfa nos premios Iris da Academia de Televisión. Velaquí o palmarés dos galardóns.
O Resurrection Fest anuncia o grupo Slipknot como cabeza de cartel en 2019. Faino dous días despois de retirar o grupo dun condenado por tentar matar a súa muller.
O presidente de Turquía dá por probado o asasinato do xornalista Jamal Khasoggi no consulado de Arabia Saudita en Istambul e pide xulgar os asasinos en tribunais turcos.