O TSXG ratifica que o Concello de Santiago debe destituír o secretario e o interventor municipais, colocados polo PP tras destituír as persoas que viñan exercendo eses postos. Segundo as escoitas do caso Pokémon os responsables municipais dirixidos por Conde Roa decidiron os relevos porque "torpedeaban" as súas operacións
