A primeira do ABC sobre a vivenda "burguesa" de Varoufakis torna nun retranqueiro viral coa etiqueta #pídeleperdónalABC

A primeira do ABC sobre a vivenda "burguesa" de Varoufakis torna nun retranqueiro viral coa etiqueta #pídeleperdónalABC
Julio Flores, número dous do Concello da Coruña, adhírese ao recurso de Véndex para tentar anular a investigación da Pokémon, na que está imputado. A súa defensa sinala que a argumentación da empresa que presuntamente liderou a trama corrupta é "excelente". Recólleo Faro de Vigo
Sanidade suprime a comisión que decidía que doentes recibían o tratamento da Hepatite C, segundo conta Faro de Vigo. A plataforma de persoas afectadas pola enfermidade foi quen fixo pública a súa composición.
Imputadas sete persoas por retiradas de multas en Santiago no marco do caso Pokémon
José Manuel Baltar nega novamente o financiamento irregular do PP de Ourense que a xuíza De Lara ve "referendada". Faino nunha entrevista con El País
O Goberno español denega a extradición dos ministros franquistas reclamados no marco da querela polos crimes da ditadura que impulsou o galego Darío Rivas. En El Diario
Enrique Dans @edans clausurará o vindeiro día 16 o proxecto InnovaTE2 da Deputación de Lugo cunha conferencia sobre a alfabetización dixital na sede da institución lucense.
O PSdeG celebra este venres en Compostela unha xornada sobre "nova política económica para Europa", sobre alternativas á austeridade, coa participación de, entre outros, os ex presidente Laxe e Touriño. José Ramón Gómez Besteiro clausúraa este mediodía.
A Universidade de Vigo entregou os IV Premios Incuvi-Emprende a 12 proxectos empresariais emprendedores de alumnos e alumnas dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo
Eurodeputadas españolas sinalan o "perigo" do TTIP, despois de ter acceso a algúns dos documentos da negociación, dos que non poden revelar o seu contido baixo ameaza de sancións administrativos ou mesmo penais.