O Goberno español denega a extradición dos ministros franquistas reclamados no marco da querela polos crimes da ditadura que impulsou o galego Darío Rivas. En El Diario
Fálase
Enrique Dans @edans clausurará o vindeiro día 16 o proxecto InnovaTE2 da Deputación de Lugo cunha conferencia sobre a alfabetización dixital na sede da institución lucense.
O PSdeG celebra este venres en Compostela unha xornada sobre "nova política económica para Europa", sobre alternativas á austeridade, coa participación de, entre outros, os ex presidente Laxe e Touriño. José Ramón Gómez Besteiro clausúraa este mediodía.
A Universidade de Vigo entregou os IV Premios Incuvi-Emprende a 12 proxectos empresariais emprendedores de alumnos e alumnas dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo
Eurodeputadas españolas sinalan o "perigo" do TTIP, despois de ter acceso a algúns dos documentos da negociación, dos que non poden revelar o seu contido baixo ameaza de sancións administrativos ou mesmo penais.
A talla da Virxe do Cristal continúa desaparecida e sospéitase que foi roubada polas persoas que asasinaron o párroco de Vilanova dos Infantes, que agochaba na súa vivenda a imaxe á que Curros Enríquez lle dedicou un extenso poema.
O Burela FS segue facendo historia no fútbol sala. Este xoves eliminou nos cuartos de final da Copa do Rei o actual campión, Inter Movistar (2-1). O sábado o equipo laranxa xogará a semifinal ante o Jaén Paraíso Interior
ABC e La Razón dedican as súas portadas deste venres a atacar a Podemos, acusando a formación de "avalar a represión de Maduro" e de reunirse con Bildu "en Francia" para "pechar unha gran coalición".
O BNG presenta ás 8 deste serán a súa candidatura ás municipais en Santiago. Xunto ao candidato, Rubén Cela, e ao portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, intervirán outras persoas como o escritor Suso de Toro ou a profesora Margarita Ledo, integrante da lista.
A Audiencia de Ourense ratifica a condena de 9 anos de inhabilitación a José Luis Baltar polos 104 enchufes na Deputación previos ao congreso do PP ourensán de 2010. A sentenza, que non pode ser recorrida, desbota o recurso do ex barón popular e indica que fixo os contratos "con conciencia de que faltaban os principios básicos de calquera contratación pública". Consulta a sentenza íntegra nesta ligazón