O Burela FS segue facendo historia no fútbol sala. Este xoves eliminou nos cuartos de final da Copa do Rei o actual campión, Inter Movistar (2-1). O sábado o equipo laranxa xogará a semifinal ante o Jaén Paraíso Interior
Fálase
- ABC e La Razón dedican as súas portadas deste venres a atacar a Podemos, acusando a formación de "avalar a represión de Maduro" e de reunirse con Bildu "en Francia" para "pechar unha gran coalición".   
- O BNG presenta ás 8 deste serán a súa candidatura ás municipais en Santiago. Xunto ao candidato, Rubén Cela, e ao portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, intervirán outras persoas como o escritor Suso de Toro ou a profesora Margarita Ledo, integrante da lista.   
- A Audiencia de Ourense ratifica a condena de 9 anos de inhabilitación a José Luis Baltar polos 104 enchufes na Deputación previos ao congreso do PP ourensán de 2010. A sentenza, que non pode ser recorrida, desbota o recurso do ex barón popular e indica que fixo os contratos "con conciencia de que faltaban os principios básicos de calquera contratación pública". Consulta a sentenza íntegra nesta ligazón   
- UGT financiaba gastos sindicais coas tarxetas black de Caja Madrid, segundo conta El País. Un membro do sindicato recoñece que os 80.000 euros do seu cartón empregáronse en cartelería, pancartas e hoteis e viaxes pagadas para delegados da central. 
- O BNG de Ourense recada entre a veciñanza os 60 céntimos de canon asignados a unha cafetaría da cidade dende os anos 60 co obxectivo de denunciar "irregularidades" como a "ocupación sen autorización" dun espazo público por parte da empresa.   
- Centos de persoas agardan en Lugo para entregar o seu currículo e optaren a un dos 75 postos de traballo que ofrece un novo centro comercial no barrio da Abella. Recólleo El Progreso   
- Veciños de Coia protestan ante os xulgados de Vigo "contra a criminalización da protesta" no xuízo a Diego Lores, un veciño ao que acusan de agresión e atentado á autoridade durante unha protesta contra o barco instalado na rotonda do barrio.   
- O informe da Comisión de Bioética vetado pola Consellaría critica a imposición de límites ao dereito á atención sanitaria, analizando o Real Decreto 16/2012 que esixe a condición de asegurado ou beneficiario para ter unha atención sanitaria completa. O documento sinala que a norma puxo en cuestión "o valor superior da igualdade, recollido no artigo 1.1 da Constitución española, e o dereito fundamental á saúde" 
- A xustiza investiga a relación entre edís do Goberno municipal de Verín e algúns dos maiores contratistas do Concello por un suposto delito de prevaricación