A Universidade de Vigo entregou os IV Premios Incuvi-Emprende a 12 proxectos empresariais emprendedores de alumnos e alumnas dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo
Fálase
Eurodeputadas españolas sinalan o "perigo" do TTIP, despois de ter acceso a algúns dos documentos da negociación, dos que non poden revelar o seu contido baixo ameaza de sancións administrativos ou mesmo penais.
A talla da Virxe do Cristal continúa desaparecida e sospéitase que foi roubada polas persoas que asasinaron o párroco de Vilanova dos Infantes, que agochaba na súa vivenda a imaxe á que Curros Enríquez lle dedicou un extenso poema.
O Burela FS segue facendo historia no fútbol sala. Este xoves eliminou nos cuartos de final da Copa do Rei o actual campión, Inter Movistar (2-1). O sábado o equipo laranxa xogará a semifinal ante o Jaén Paraíso Interior
ABC e La Razón dedican as súas portadas deste venres a atacar a Podemos, acusando a formación de "avalar a represión de Maduro" e de reunirse con Bildu "en Francia" para "pechar unha gran coalición".
O BNG presenta ás 8 deste serán a súa candidatura ás municipais en Santiago. Xunto ao candidato, Rubén Cela, e ao portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, intervirán outras persoas como o escritor Suso de Toro ou a profesora Margarita Ledo, integrante da lista.
A Audiencia de Ourense ratifica a condena de 9 anos de inhabilitación a José Luis Baltar polos 104 enchufes na Deputación previos ao congreso do PP ourensán de 2010. A sentenza, que non pode ser recorrida, desbota o recurso do ex barón popular e indica que fixo os contratos "con conciencia de que faltaban os principios básicos de calquera contratación pública". Consulta a sentenza íntegra nesta ligazón
UGT financiaba gastos sindicais coas tarxetas black de Caja Madrid, segundo conta El País. Un membro do sindicato recoñece que os 80.000 euros do seu cartón empregáronse en cartelería, pancartas e hoteis e viaxes pagadas para delegados da central.
O BNG de Ourense recada entre a veciñanza os 60 céntimos de canon asignados a unha cafetaría da cidade dende os anos 60 co obxectivo de denunciar "irregularidades" como a "ocupación sen autorización" dun espazo público por parte da empresa.
Centos de persoas agardan en Lugo para entregar o seu currículo e optaren a un dos 75 postos de traballo que ofrece un novo centro comercial no barrio da Abella. Recólleo El Progreso