O BNG reivindícase como a única forza capaz de "presentar en toda Galiza unha alternativa nacionalista de esquerda ao PP" nas municipais. Afirmouno o seu portavoz nacional, Xavier Vence, no marco do Consello Nacional da formación, que este sábado abordou a estratexia electoral para o 24-M, entre outros asuntos.
