Folgado triunfo do Obradoiro ante o Murcia cun histórico 104-52. Na LEB Ouro o Breogán logrou este sábado unha valiosa vitoria por 74-58 ante o Palencia que o mantén igualado a vitorias co líder, o Burgos

Folgado triunfo do Obradoiro ante o Murcia cun histórico 104-52. Na LEB Ouro o Breogán logrou este sábado unha valiosa vitoria por 74-58 ante o Palencia que o mantén igualado a vitorias co líder, o Burgos
Continúa a busca da Virxe do Cristal tras o seu robo en Vilanova dos Infantes. Relátao El País
O CD Lugo logra un valioso empate 0-0 ante o Real Zaragoza
Compostela Aberta publica os perfís das persoas candidatas ás súas primarias abertas. O prazo de inscrición para participar na votación está aberto ata o día 18.
A Marea Atlántica celebra este sábado ao longo de toda a xornada os seus "encontros abertos" para a elaboración do programa electoral para as municipais
O BNG reivindícase como a única forza capaz de "presentar en toda Galiza unha alternativa nacionalista de esquerda ao PP" nas municipais. Afirmouno o seu portavoz nacional, Xavier Vence, no marco do Consello Nacional da formación, que este sábado abordou a estratexia electoral para o 24-M, entre outros asuntos.
Antiabortistas maniféstanse en Madrid para esixir o recorte do dereito ao aborto e cargar contra a "traizón" de Rajoy por non llelo conceder despois de prometelo. Na marcha estivo presente Esperanza Aguirre. Cóntao El Diario.
A primeira do ABC sobre a vivenda "burguesa" de Varoufakis torna nun retranqueiro viral coa etiqueta #pídeleperdónalABC
Julio Flores, número dous do Concello da Coruña, adhírese ao recurso de Véndex para tentar anular a investigación da Pokémon, na que está imputado. A súa defensa sinala que a argumentación da empresa que presuntamente liderou a trama corrupta é "excelente". Recólleo Faro de Vigo
Sanidade suprime a comisión que decidía que doentes recibían o tratamento da Hepatite C, segundo conta Faro de Vigo. A plataforma de persoas afectadas pola enfermidade foi quen fixo pública a súa composición.