O Básquet Coruña derrota con claridade o Breogán (99-63) e xogará contra o Melilla as semifinais do play-off de ascenso á ACB. O Ourense Baloncesto perdeu ante o Burgos e queda eliminado, aínda que ten praza asegurada na máxima categoría
Fálase
A débeda de IU queda fóra das negociacións con Podemos para a confluencia. De formarse, a candidatura non botaría man de financiamento bancario. As dúas formacións inician a redacción dun programa común de mínimos
Comeza o prazo para solicitar o voto por correo nas eleccións xerais do 26 de xuño. Poderá ser remitido ata catro días antes dos comicios, cuxos prazos contan dende este martes, coa promulgación da convocatoria. Estas son as principais datas do proceso electoral.
O PP esgrime a necesidade de manter o envío de papeletas ás casas para garantir o "dereito de sufraxio", en verbas de María Dolores de Cospedal. A número dous de Rajoy afirma que o partido si está disposto a colocar menos cartelaría electoral nas rúas na nova campaña das xerais. En eldiario.es
O Supremo anula unha condena por tráfico de drogas en Ourense; a Policía observara as persoas condenadas sen orde xudicial no interior dunha vivenda empregando uns prismáticos. É o primeiro pronunciamento no que se establece que esta conduta supón quebrantar a inviolabilidade do domicilio.
O 26% do electorado das xerais decidiu o seu voto na derradeira semana da campaña. No caso de En Marea, máis da metade das persoas que apoiaron a coalición decidiron facelo cando xa comezara a campaña. Son datos incluídos no estudo postelectoral do CIS, que tamén indica que un 15% mudaría o voto se soubese o resultado dos comicios.
O BOE publica a convocatoria das novas eleccións xerais para o 26 de xuño. O decreto de disolución das Cortes e chamada ás urnas foi asinado este martes polo rei.
A esposa de Arias Cañete beneficiouse da amnistía fiscal sendo el ministro. Aparece na listaxe investigada polo Goberno logo de aparecer tamén nos papeis de Panamá.
Traballadores de El Mundo e doutros medios de Unidad Editorial, en folga. Protestan contra o ERE que contempla o despedimento de 224 traballadores en todo o grupo.
A policía francesa prohibe a Nuit Debout logo de varios incidentes na praza da República de París. Quedan vetadas as manifestacións durante varias horas.