Detido un dos membros de La Manada, Ángel Boza, por "substraer uns lentes nun centro comercial, acometer contra dous vixiantes co coche e circular co permiso de conducir suspendido". Está a contalo eldiario.es
Fálase
O secretario de organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, novo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O ata agora deputado terá que deixar o seu escano no Parlamento galego para asumir o nomeamento, anunciado hoxe polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. A seguinte integrante da candidatura socialista por Lugo foi Patricia Otero, actualmente segunda tenente de Alcaldía no Concello de Burela.
Arde no Porriño a planta de tratamento de residuos metálicos Alumisel, no polígono da Granxa. Efectivos dos parques de bombeiros da contorna e tamén chegados dende Valença están a traballar na zona. O 112 non ten constancia polo momento de danos persoais e pide deixar libres as vías de acceso á zona (Imaxe: Deputación de Pontevedra)
Pablo Casado ponse a estreitar mans de persoas migrantes en Algeciras poucos días despois de alertar da suposta chegada de "millóns de persoas" e ao tempo advirte contra o "populismo" e a "demagoxia" en asuntos migratorios porque "o noso sistema de benestar non o aguanta todo"
Un novo vídeo do BDRI amosa a balea azul avistada en Fisterra nadando e alimentándose de krill "nestas ricas augas". O instituto internacional con sede no Grove destaca que se trata dunha gravación "abraiante e pouco común", que permite coñecer un pouco máis da "misteriosa vida" deste animal
O pleno da Deputación de Lugo pide á Xunta que declare a avespa velutina como praga. No último ano o 112 recibiu case 25.000 avisos pola presenza de velutinas.
O incremento das temperaturas dispara este mércores o risco de incendio ata alto, moi alto ou extremo en comarcas do interior. Para este xoves prevese que o risco se incremente na práctica totalidade de Galicia.
O xuíz Llarena defendeu que Alemaña entregase a Puigdemont a España con cartas de Facenda á Fiscalía que non constan na causa xudicial polo 1-O. Cóntao eldiario.es
Unha vaga de calor deixará temperaturas de ata 42 graos en Galicia entre o xoves e o domingo. Meteogalicia actualiza as súas alertas meteorolóxicas neste espazo.
Vinte e dúas persoas optarán a dirixir RTVE a través do concurso público xa en marcha, entre elas varias históricas profesionais da corporación estatal. Vertele debulla os seus perfís profesionais.