O 'número dous' do PSOE anuncia a convocatoria da Executiva Federal do partido como paso previo a un Comité Federal e a un Congreso Extraordinario. César Luena advirte de que a dimisión de 17 membros da dirección non implica a saída de Pedro Sánchez. "É o secretario xeral elixido polos militantes", e "non caben atallos nin golpes para dirixir o PSOE", resalta.
Fálase
A presidenta da xestora do PSdeG expresa o seu apoio a Pedro Sánchez. Pilar Cancela considera, en declaracións a Europa Press, que as dimisións en bloque para tombar o secretario xeral do PSOE son "unha tolería" e "un suicidio" para o partido.
Puigdemont anuncia un referendo de autodeterminación en setembro de 2017 con ou sen acordo co Estado. Máis información en Catalunya Plural.
Os críticos presentan as sinaturas para destituír a Pedro Sánchez á fronte do PSOE. A dimisión da metade máis un dos membros da Comisión Executiva forza o cesamento da dirección federal, incluído o secretario xeral, e obriga a crear unha xestora.
El Diario entrevista Pedro Sánchez, que afirma que "Felipe González está no bando da abstención, eu estou no bando do voto en contra a Mariano Rajoy para crear un Goberno alternativo. A min gustaríame saber en que bando está Susana Díaz"
O xuízo oral das Tarxetas Black de Bankia revela que os límites dos cartóns se impoñían de forma totalmente arbitraria e a conveniencia das necesidades dos usuarios
O Concello da Pobra do Caramiñal esixe unha "rectificación inmediata" á canle Cuatro, que nunha reportaxe sobre a desaparición dunha moza da vila "describe o noso concello como paraíso dos narcotraficantes e cuns índices de criminalidade disparado". Todos os grupos do consistorio prevén unha comparecencia conxunta ante a prensa ao respecto este xoves.
A empresa coruñesa AllGenetics e a compostelá Galchimia, gañadoras da segunda edición dos Premios Galicia Spin-off, galardóns organizados polo Banco Pastor e o portal GCiencia, que recoñecen as mellores empresas nacidas dende o eido universitario
O Concello de Cambados acolle este venres a entrega do 15º premio Plácido Castro de Tradución a Marta Dahlgren pola súa versión en galego de Kallocaína, de Karin Boye. Será ás 12 do mediodía.
Felipe González di que Pedro Sánchez lle anunciou que se abstería na segunda votación da investidura de Rajoy e que agora se sinte “enganado”.