O Goberno de España adxudica a compra dun novo coche oficial do presidente por 498.000 euros. A empresa adxudicataria do procedemento negociado sen publicidade é Wolkswagen, propietaria de Audi, marca do automóbil no que xa viaxa Rajoy e que antes empregaran Zapatero ou Aznar. O Parque Móbil do Estado ten 647 coches, segundo o seu último informe anual.
