"Galicia, semente de nación agrogay". Pikara dedícalle unha reportaxe á cultura agrogay e ao festival que dende hai tres anos se celebra en Monterroso
Fálase
As vítimas de Angrois serán recibidas pola Axencia Ferroviaria Europea o vindeiro día 25. Será a terceira xuntanza da Plataforma Víctimas Alvia 04155 e producirase ao día seguinte de interviren na comisión de peticións do Parlamento Europeo, na mesma semana en que vence o límite para que os peritos entreguen ao xulgado o seu informe sobre se Adif avaliou os riscos da liña.
Un accidente múltiple provoca un importante atasco na ponte de Rande en Vigo, en sentido Pontevedra
DOCUMENTO | Este é o bosquexo do acordo que o Goberno de España prevé aprobar coas autonomías que participen na Conferencia de Presidentes, entre as que se atopa Galicia, en materias como o bono social eléctrico, financiamento autonómico e lei de dependencia. Avánzao eldiario.es
O Celta enfrontarase ao Real Madrid nos cuartos de final da Copa do Rei. Así o vén de ditaminar o sorteo celebrado esta mañá.
O Hospital da Coruña foi o que máis transplantes de corazón realizou no Estado durante 2016, segundo o balance anual da ONT. O CHUAC lidera un ano máis os rexistros despois dun ano no que chegou a realizar dez transplantes en vinte e catro horas.
Activada a prealerta por seca en Galicia por mor das baixas precipitacións. A Xunta asegura, non obstante, que o abastecemento está garantido. Recólleo Faro de Vigo.
O presidente do Parlamento agasalla o rei cun exemplar do Sempre en Galiza de Castelao editado pola Cámara. Miguel Santalices foi recibido por Filipe VI co gallo do trixésimo quinto aniversario do lexislativo galego.
Federico Trillo dimite como embaixador de España en Londres tras o informe do Consello de Estado que liga a súa xestión como ministro de Defensa co accidente do Yak-42 no que morreron 62 militares, tres deles galegos. Trillo foi nomeado embaixador en 2012 polo goberno de Rajoy
Este xoves presentouse o vídeo Ferrol en negro, que recolle as actividades desenvolvidas na cidade en novembro co gallo do 25N para concienciar a sociedade na loita contra a violencia de xénero.