O presidente do Parlamento agasalla o rei cun exemplar do Sempre en Galiza de Castelao editado pola Cámara. Miguel Santalices foi recibido por Filipe VI co gallo do trixésimo quinto aniversario do lexislativo galego.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58787e553b9fe-rey_audiencia_presidente_parlamento_galicia_0220c2a920casa20de20s.m.20el20rey.jpg)
O presidente do Parlamento agasalla o rei cun exemplar do Sempre en Galiza de Castelao editado pola Cámara. Miguel Santalices foi recibido por Filipe VI co gallo do trixésimo quinto aniversario do lexislativo galego.
Federico Trillo dimite como embaixador de España en Londres tras o informe do Consello de Estado que liga a súa xestión como ministro de Defensa co accidente do Yak-42 no que morreron 62 militares, tres deles galegos. Trillo foi nomeado embaixador en 2012 polo goberno de Rajoy
Este xoves presentouse o vídeo Ferrol en negro, que recolle as actividades desenvolvidas na cidade en novembro co gallo do 25N para concienciar a sociedade na loita contra a violencia de xénero.
O primeiro ministro irlandés agasalla a Rajoy unha camisola da selección galega de fútbol gaélico. Enda Kenny foi recibido este xoves en La Moncloa.
O columnista que culpou as vítimas de violencia machista das agresións que sofren di padecer "censura" das "feministas radicais". Asegúrao nun novo artigo publicado en Atlántico Diario. Mentres, El Correo Gallego emitiu tras as protestas do Colexio de Xornalistas e varias organizacións unha nota de desculpa e anunciou que non volverá publicar colaboracións de Molares do Val. Como xa fixera co primeiro, Atlántico Diario retirou a publicación na tarde deste xoves.
Unha enquisa de Ciencia Con Futuro, realizada entre 1.429 investigadores e investigadoras españolas, amosa de 7 de cada 10 "considerou nalgunha ocasión abandonar a ciencia", unha proporción maior entre os máis novos e novas. Un 74% afirmou "sentirse desprotexido polo sistema científico español sempre ou case sempre".
José Manuel Dapena dimite como portavoz do PSOE no Concello da Coruña. Vén de renunciar ao cargo sen expoñer as causas da súa marcha dun posto que ocupou en xullo de 2015 tras a renuncia de Mar Barcón.
Catro neurólogos e neurólogas galegas, Francisco Javier López, Santiago Trillo, María Jesús Sobrido e Manuel Arias, nomeados novos coordinadores da Sociedade Española de Neuroloxía, en varias das súas áreas e grupos de traballo.
O goberno da Área Metropolitana de Vigo recorrerá o veto da Xunta e apoia o plan de transporte da cidade fronte ao "boicot" da Administración galega.
O Goberno central prepara un decreto para evitar demandas masivas polas cláusulas solo. As compensacións non tributarán pero os afectados terán que devolver as deducións fiscais realizadas.