Traballadores do CHUAC da Coruña reciben a Feijóo con asubíos. O presidente da Xunta visitou a nova planta de Urxencias mentres empregados do hospital protestaron polos recortes na Sanidade.
Fálase
Convocan unha manifestación contra a corrupción na Coruña para o vindeiro sábádo ás 20 horas. Convoca o Movemento de Loita Popular, que pide a dimisión dos cargos públicos corruptos.
José Fernández-Albertos e Amparo González Ferrer analizan en ElDiario.es como a hora da saída do sol cambia os patróns de sono en cada comunidade autónoma
O Goberno de Brasil vén de aprobar o Marco Civil de Internet, que garante por lei a neutralidade da Rede, ao especificar que as operadoras teñen o deber de "tratar da mesma forma qualquer pacote de dados, sem distinção por conteúdo, origem e destino, serviço, terminal ou aplicação”
O proxecto 21 días co galego, promovido polo Equipo de Normalización Lingüística do IES da Pobra do Caramiñal, culmina o seu traballo cun lipdub protagonizado por alumnado do centro.
Os comuneiros de Mourente (Pontevedra) reivindican a titularidade dos terreos que ocupa o Hospital Montecelo. Negociarán coa Consellaría de Sanidade para establecer un convenio que garanta o uso indefinido destes terreos sempre que se manteña un uso sanitario e público
Unhas xornadas na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense debateron o uso dos smartphones nas aulas. Expertos avogaron por aproveitar a súa capacidade para conectar cos e coas estudantes
El País analiza como a voceira do PPdeG, Paula Prado, ficou "calada" tras a difusión do informe de 118 páxinas sobre ela que se inclúe no sumario da Pokémon.
O exército de Marrocos entra en territorio de Melilla para expulsar inmigrantes, segundo un vídeo feito público pola ONG Prodein.
Feijóo acusa a "partidos nacionalistas galegos" de ser "ambiguos cos violentos". Faino nunha entrevista en El Mundo, onde di que Artur Mas "ignora a axuda" que lle queren dar o Goberno central e as autonomías.