El País analiza como a voceira do PPdeG, Paula Prado, ficou "calada" tras a difusión do informe de 118 páxinas sobre ela que se inclúe no sumario da Pokémon.
Fálase
O exército de Marrocos entra en territorio de Melilla para expulsar inmigrantes, segundo un vídeo feito público pola ONG Prodein.
Feijóo acusa a "partidos nacionalistas galegos" de ser "ambiguos cos violentos". Faino nunha entrevista en El Mundo, onde di que Artur Mas "ignora a axuda" que lle queren dar o Goberno central e as autonomías.
As eléctricas devolverán uns 34 euros na próxima factura. Compensarán así as cantidades cobradas de máis durante o primeiro trimestre.
As urnas lexitiman o autoritarismo de Erdogan en Turquía. O partido do primeiro ministro gaña con claridade as eleccións municipais e gobernará Ankara e Istambul.
Un fillo dun dirixente do PP acapara contratos millonarios en Sogama. A empresa Perfis 2000 faise coa xestión de 20 empacadoras.
Ampla vitoria da UMP e ascenso da Fronte Nacional na segunda volta das eleccións municipais francesas. O gobernante Partido Socialista sufriu unha dura derrota, perdendo a alcaldía de máis de cen localidades de máis de dez mil habitantes.
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Pontevedra, Somozas e Choco encabezan a clasificación.
Pontevedra 2-0 Barbadás
Boiro 2-0 Alondras
Choco 4-1 Laracha
Grixoa 1-0 Arousa
Ordes 0-2 Rápido de Bouzas
Racing Vilalbés 0-1 Bertamiráns
Negreira 0-1 Deportivo B
Somozas 3-1 Betanzos
Dorneda 1-2 As Pontes
Cultural Areas 0-5 CercedaO Lugo perdeu na súa visita a Sabadell (1-0) e queda a dous puntos dos play-off de asecenso e a cinco do descenso. Na Segunda B, vitoria do Rácing de Ferrol ante o Celta B (2-0). E empates de Coruxo ante o Caudal (0-0), do Compostela ante o Sporting B (2-2) e do Ourense ante o Marino (2-2).
Ao redor de 40 persoas participan nestes momentos na homenaxe a Carvalho Calero organizada pola Fundaçom Artábria fronte aos restos da súa casa natal, en Ferrol Vello