As universidades públicas españolas perderon no curso 2013-2014 1.281 docentes e investigadores (106 en Galicia) e 1.250 PAS. Pola contra, nese período as universidades privadas incrementaron o seu cadro de persoal en 1.020 profesores e investigadores e 480 PAS, segundo as cifras facilitadas polo Ministerio de Educación
Fálase
Lucía Pereira, investigadora da USC, realizou un exhaustivo estudo de 20 igrexas e 47 murais localizados na Ribeira Sacra, maioritariamente do século XVI. Os resultados da análise poderán ser empregados polas autoridades, destaca Pereira, de cara a que a zona sexa recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade
A presidenta do Parlamento accede a reconsiderar o reparto de iniciativas tras o recorte a AGE e BNG
Chaves e Griñán terán que declarar como imputados no Supremo polo caso dos ERE. Recólleo El Diario
Somos Nós confirma que a súa presentación pública se celebrará o vindeiro sábado na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago
ABC asegura agora que Pablo Iglesias suspendeu unha alumna por levar pendentes con "perlitas". A estudante agora é alcaldesa polo PP nunha vila madrileña. Recólleo o Rastreador de Eldiario.es
A fenda salarial entre homes e mulleres acada o seu maior nivel dende o inicio da crise no Estado. Cóntao El Diario
A veciñanza que reclama os servizos para o Hospital de Lugo anuncia unha "guerra de guerrillas" para conseguilos. Cóntao El Progreso
A CIG lanza un vídeo sobre as consecuencias do tratado de libre comercio que negocian a UE e os Estados Unidos
O Eurogrupo decide en dúas horas que non pode chegar a un acordo con Grecia. O investigador galego do Instituto Elcano Miguel Otero analiza en Praza as negociacións do Goberno de Tsipras coas autoridades comunitarias.