O Eurogrupo decide en dúas horas que non pode chegar a un acordo con Grecia. O investigador galego do Instituto Elcano Miguel Otero analiza en Praza as negociacións do Goberno de Tsipras coas autoridades comunitarias.

O Eurogrupo decide en dúas horas que non pode chegar a un acordo con Grecia. O investigador galego do Instituto Elcano Miguel Otero analiza en Praza as negociacións do Goberno de Tsipras coas autoridades comunitarias.
A operación inmobiliaria do Barrio do Cura, en Vigo, consegue dos bancos un mes máis de marxe para buscar investidores que salven este discutido proxecto urbanístico.
Esquerda Unida finaliza as súas primarias abertas. Jorge Suárez por Ferrol, Silvia Cameán pola Coruña e María Rozas por Compostela serán as propostas de candidatos de EU para as municipais de 2015 e únense ás candidaturas de Rubén Pérez por Vigo, Carlos Portomeñe por Lugo, Vanesa Angustia por Pontevedra e Carlos Miguélez por Ourense.
A plataforma de crowdfunding Verkami celebra os seus catro anos de actividade, nos que axudou a financiar 139 proxectos galegos, cunhas achegas totais de 551.000 euros. Os proxectos galegos máis exitosos foron o xogo de supervivencia Huida de Silver City: La Invasion, a longametraxe DHOGS e a novela gráfica DestiNo HëRgüsS de Manel Cráneo.
A Federación Española de Fútbol nega a licenza a un neno por entregar un papel en galego. Ames Novo denuncia que a entidade denegase un certificado de empadronamento na lingua propia.
Podemos sería a forza máis votada no Estado co 24,6% dos votos, seguido do PP (22,5%) e o PSOE (19,5%), segundo o Observatorio da Cadena SER. Ciudadanos sería a cuarta forza política tras medrar máis de oito puntos.
Albert Rivera quere reducir a mil os concellos no Estado e defende a sanidade universal só para os que teñan permiso de residencia.
CCOO de banca gastou 14 millóns en viaxes e reunións durante cinco anos, segundo conta El País. Os dirixentes gastaron decenas de miles de euros en marisquerías e asadores.
A lentitude acaba cunha instrución por unha gran fraude fiscal. A fiscalía considera prescirtos os delitos tributarios e de falsidade logo dunha década de pescudas a Grúas Estación e reitra os cargos a 18 imputados.