Membros da ultradereita esnaquizan o despacho do avogado Gustavo García en Vigo. O letrado participa na querela arxentina contra o franquismo e pertence á Fundación Galega contra a Impunidade. Frases como "tortura al rojo" ou símbolos nazis foron pintados na parede.
