Albert Rivera xustifica o cambio do candidato coruñés porque "non está á altura" e as queixas esténdense ás bases en Vigo. As cinco agrupacións coruñesas contrarias á decisión denuncian "represalias" da dirección do partido.
Fálase
PP, PSOE e Ciudadanos volverán rexeitar o grupo propio para En Marea, En Comú Podem e Compromís-Podem. Unidos Podemos conformará un único grupo ante a negativa da maioría da Cámara.
Sanders gaña as primarias en Oregon e mantén a carreira contra Clinton, que vence en Kentucky. A candidata, que ten case asegurada a vitoria na carreira demócrata, non a dá asegurado matematicamente.
A UE desenténdese da crise láctea e deixa a solución aos gandeiros. Nega os fracasos da súa medida de liberalización, pero estuda xa recorrer aos fondos de emerxencia.
O Sergas recupera por 29 millóns o contrato anulado hai un ano para equipar os laboratorios do Cunqueiro. Anuncia no Diario Oficial da UE a futura licitación e prevé iniciar en outubro o proceso de adxudicación.
As cotizacións dos galegos xa só cobren o 25% das pensións. O custo das prestacións crece en tres meses no país un 3%, até os 1.566 millóns.
Uxia, Carlos Meixide, Alonso Caxade, Elisa Rodríguez, Jakson Rodrigues... Persoas de orixes diversas, de intereses múltiples, de varias xeracións e de fala compartida. Plurais, como as letras que este 17 de maio celebramos neste vídeo
Este mércores comeza a XIII edición do Festival de Cans, que chegará ata o sábado. A primeira xornada será, un ano máis, o Día dos Veciños e Veciñas, con actividades protagonizadas e dirixidas á xente de Cans
José Luis Méndez Romeu fai un chamamento á "unidade" do PSdeG-PSOE e advirte de que as primarias poden “afondar na división"
#DíaDasLetrasGalegas Feijóo evoca as "tertulias" nas que participou Manuel María e subliña no acto institucional do 17 de maio que "ninguén" no país "é alleo" ao idioma. Máis información, hoxe en Praza.