A Xunta salienta que o déficit de Galicia foi do 0,67% do PIB, tres décimas por baixo do límite marcado polo Goberno central. O conselleiro de Facenda atribúe o cumprimento á "responsabilidade" do actual Executivo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56c46b73ce8df-image_gallery.jpeg)
A Xunta salienta que o déficit de Galicia foi do 0,67% do PIB, tres décimas por baixo do límite marcado polo Goberno central. O conselleiro de Facenda atribúe o cumprimento á "responsabilidade" do actual Executivo.
Suspendida a folga no servizo de transporte de residuos a Sogama. O persoal de Transportes Pellejero decidirá este mércores sobre o principio de acordo coa nova concesionaria.
Comeza en Noia o debate da moción de censura que lle dará a alcaldía ao PP co voto do partido independente N.O.I.A., o cal no inicio do mandato apoiou o PSdeG, no goberno ata hoxe. (Imaxe: @pilaraymara).
Seis estudantes da USC denuncian un docente por comentarios machistas a unha alumna. O profesor, din, increpou unha alumna "polo seu escote". Cóntao La Voz
Bankia devolverá aos pequenos accionistas o 100% do diñeiro da saída a bolsa sen necesidade de xuízo e dá un prazo de tres meses para reclamalo.
O PP de Madrid realizou varias operacións de branqueo durante a mañá do 11M. Cóntao El Español.
O Superior permite continuar o proceso para evitar a derruba do Conde de Fenosa na Coruña. O tribunal rexeita un recurso do demandante para que non se avanzase na proposta do Concello de só eliminar algunhas partes do inmoble.
Cortes de electricidade obrigan a suspender probas durante horas no Álvaro Cunqueiro. Dificultaron a realización de TAC e afectaron a neumoloxía e o laboratorio.
O Constitucional suspende a 'conselleria' catalá de Exteriores e acepta o recurso de Rajoy. O alto tribunal suspende as funcións do departamento encabezado por Raül Romeva.
Ciudadanos e PSOE, máis preto dun acordo, xa negocian o financiamento dun posible pacto. Os equipos negociadores de ambos partidos recoñecen "avanzadas" as conversas.