Un terremoto con epicentro fronte á Costa da Morte acadou este mediodía os 3,6 graos na escala de Richter.

Un terremoto con epicentro fronte á Costa da Morte acadou este mediodía os 3,6 graos na escala de Richter.
O Consello de Informativos de TVE denuncia novos vetos nos faladoiros a xornalistas críticos co Goberno de Rajoy. Os últimos afectados son Fernando Garea e José María Calleja, sinalan entre acusacións de "censura".
VÍDEO | As fortes chuvias da fin de semana provocan un novo desbordamento da balsa mineira da mina de Touro. Para a Asociación Aldea Viva, "esta situación volve deixar en evidencia a ineficiencia das actuacións" da Xunta no control da zona, onde unha empresa mineira pretende volver explotar o xacemento de cobre.
A BBC faise eco da "batalla legal" para "botar a familia Franco" do Pazo de Meirás. A canle pública británica debulla o informe xurídico elaborado por encargo da Deputación da Coruña e a documentación revelada no libro Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío e Manuel Pérez.
A CRTVG sufriu este domingo problemas técnicos que provocaron que o Telexornal comezase con media hora de atraso.
“Se eu non fora crente e tivese un revólver buscaba o tipo e pegáballe un tiro na cabeza”, di o ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar en El Mundo sobre o autor de Fariña, Nacho Carretero. A editorial, Libros del K.O., amosa o seu malestar en Twitter cun chío no que agradece de xeito irónico á Xustiza o secuestro do libro.
Catro persoas resultaron feridas durante a pasada noite por accidentes contra árbores caídas por mor do vento, informa o 112. O litoral das Rías Baixas e a Costa da Morte ten aviso vermello ata as tres da tarde deste domingo por ondas de ata nove metros. O resto de Galicia está afectada por aviso amarelo por vento.
Este sábado cúmprense 25 anos do debate para a reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia que limitou a capacidade de manobra da oposición e no que Xosé Manuel Beiras petou no escano co zapato. Uns meses antes o PP xa mudara a lei electoral galega para limitar que os partidos minoritarios conseguisen escanos.
DOCUMENTAL | “Isto cae!” O Concello de Ferrol homenaxea as mulleres da loita obreira de 1972 cun documental divulgado na véspera do 8M e que podes ver aquí.
Toda Galicia está esta fin de semana baixo avisos meteorolóxicos de distintos niveis por vento, ondas ou precipitacións, que o domingo pola mañá será de nivel vermello por ondas de ata 9 metros nas Rías Baixas e a Costa da Morte.