Un home mata a súa muller en Valga cun disparo de escopeta e logo suicídase. O pasado venres, unha veciña de Sober foi asasinada tamén polo seu marido.
Fálase
O Celta cae de novo en Balaídos (0-1) ante o Betis e non dá escapados dos postos de perigo na Primeira División. A estrea de Fran Escribá no banco celeste tampouco trouxo unha vitoria.
Ed Sheeran compra o histórico bar 'Galicia' de Londres, emblemático local galego en Portobello Road, segundo informa o Daily Mail. O cantante e guitarrista quere converter o local nun espazo musical.
A Real Academia Galega homenaxeará a Salvador García–Bodaño o Día da Poesía. A institución celebrará o 21 de marzo un recital público no que voces das letras galegas de distintas idades lerán e comentarán poemas do autor. Fotografía: Santos Díez (CC-BY-SA)
A CEOE cre que os "trazos psicolóxicos e habilidades non cognitivas" das mulleres son o que explica a fenda salarial. Así o di a patronal nun informe presentado este venres no que afirma que entre o sexo masculino e feminino hai "diferenzas na propensión a asumir riscos e a negociar"
O Consello de Ministros aproba a recuperación do subsidio para persoas desempregadas maiores de 52. Así o vén de anunciar a ministra de Traballo tras a xuntanza semanal do Goberno central.
ERC presentará a Oriol Junqueras como cabeza de lista ao Congreso nas eleccións xerais. O líder encarcerada manterase tamén como candidato nas europeas na coalición na que se integra o BNG.
Persoal das ambulancias en folga péchase na sedes das xerencias do Sergas para esixir un "convenio digno". Esta é a terceira semana de mobilización do sector e, segundo a CIG, a folga segue a ter un "seguimento masivo". (Imaxe: CIG)
'Rexurdimente': as De Vacas animan a secundar as mobilizacións feministas do 8M co seu novo e rosaliano tema, gravado da man de "avoas, nais, irmás, amigas e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre", explican.
O PSOE sería a forza máis votada nas eleccións europeas con 19 escanos, co PP como segunda forza e Unidos Podemos en terceira posición. A coalición na que participa o BNG obtería 3, segundo unha enquisa de Sigma-Dos para El Mundo