Persoal das ambulancias en folga péchase na sedes das xerencias do Sergas para esixir un "convenio digno". Esta é a terceira semana de mobilización do sector e, segundo a CIG, a folga segue a ter un "seguimento masivo". (Imaxe: CIG)
Fálase
'Rexurdimente': as De Vacas animan a secundar as mobilizacións feministas do 8M co seu novo e rosaliano tema, gravado da man de "avoas, nais, irmás, amigas e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre", explican.
O PSOE sería a forza máis votada nas eleccións europeas con 19 escanos, co PP como segunda forza e Unidos Podemos en terceira posición. A coalición na que participa o BNG obtería 3, segundo unha enquisa de Sigma-Dos para El Mundo
O BOE publica o real decreto lei que amplía o permiso de paternidade ás 8 semanas para este ano, 12 para 2020 e 16 para 2021. Entra en vigor mañá, 8 de marzo, pero os artigos dedicados ao permiso non o farían ata o 1 de abril, tal e como explica Civio neste artigo. Ten que ser convalidado polo Congreso para continuar en vigor máis alá dun mes.
Queremos Galego defende en Lugo o texto íntegro da ordenanza de uso do galego no Concello, anulada parcialmente pola Xustiza, e anuncia o inicio dunha campaña a prol da "liberdade de uso do galego". A mobilización deste mércores foi secundada pola alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e membros do goberno e da corporación municipal.
Segue sen publicarse no BOE o Decreto Ley de Igualdade, aprobado polo Consello de Ministras do pasado venres, e que incluía a ampliación do permiso de paternidade de 5 a 8 semanas. Civio explica que ata que non se publique non se pode saber en que momento se comeza a aplicar a medida, aínda que o máis habitual é que entre en vigor ao día seguinte de aparecer no BOE.
Té con Gotas publica o seu novo podcast desde Inglaterra. Neste caso analizan o Independent Group, un novo movemento político formado por ex deputados laboristas e conservadores, e entrevistan a pianista e directora musical, Tamara Lorenzo Gabeiras. Miguel Rodríguez e Duarte Romero, os seus directores, explicaron a Praza.gal o proxecto.
A revisión das principais axudas sociais vixentes desmonta a mentira de que a poboación inmigrante teña máis facilidades para acceder a elas. Recólleo eldiario.es. Aínda que a Xunta non respondeu, a poboación estranxeira tamén é minoría nos seus principais subsidios, como a Risga. Na imaxe, unha mobilización para reclamar mellores axudas sociais en Vigo.
Anabel G. Penín, ex-directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, foi galardoada co 7º Premio de compromiso coa igualdade de xénero da institución, uviguala 2019. Penín destacou o apoio da comunidade universitaria e do Reitorado ao seu labor pero recoñeceu que "sentín a soidade do posto, tiven que xustificar demasiadas veces o porqué da necesidade de implantar políticas de igualdade nunha institución pública”.
O temporal obriga a cancelar o desfile de Entroido en Santiago e os concertos e a queima do Meco en Vigo. Na Coruña tamén foron suspendidos os concertos da rúa da Torre, pero o resto de actividades do Entroido choqueiro foron trasladadas ao patio cuberto do colexio Grande Obra de Atocha, segundo informan os respectivos concellos.