O Consello de Ministros aproba a recuperación do subsidio para persoas desempregadas maiores de 52. Así o vén de anunciar a ministra de Traballo tras a xuntanza semanal do Goberno central.
Fálase
ERC presentará a Oriol Junqueras como cabeza de lista ao Congreso nas eleccións xerais. O líder encarcerada manterase tamén como candidato nas europeas na coalición na que se integra o BNG.
Persoal das ambulancias en folga péchase na sedes das xerencias do Sergas para esixir un "convenio digno". Esta é a terceira semana de mobilización do sector e, segundo a CIG, a folga segue a ter un "seguimento masivo". (Imaxe: CIG)
'Rexurdimente': as De Vacas animan a secundar as mobilizacións feministas do 8M co seu novo e rosaliano tema, gravado da man de "avoas, nais, irmás, amigas e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre", explican.
O PSOE sería a forza máis votada nas eleccións europeas con 19 escanos, co PP como segunda forza e Unidos Podemos en terceira posición. A coalición na que participa o BNG obtería 3, segundo unha enquisa de Sigma-Dos para El Mundo
O BOE publica o real decreto lei que amplía o permiso de paternidade ás 8 semanas para este ano, 12 para 2020 e 16 para 2021. Entra en vigor mañá, 8 de marzo, pero os artigos dedicados ao permiso non o farían ata o 1 de abril, tal e como explica Civio neste artigo. Ten que ser convalidado polo Congreso para continuar en vigor máis alá dun mes.
Queremos Galego defende en Lugo o texto íntegro da ordenanza de uso do galego no Concello, anulada parcialmente pola Xustiza, e anuncia o inicio dunha campaña a prol da "liberdade de uso do galego". A mobilización deste mércores foi secundada pola alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e membros do goberno e da corporación municipal.
Segue sen publicarse no BOE o Decreto Ley de Igualdade, aprobado polo Consello de Ministras do pasado venres, e que incluía a ampliación do permiso de paternidade de 5 a 8 semanas. Civio explica que ata que non se publique non se pode saber en que momento se comeza a aplicar a medida, aínda que o máis habitual é que entre en vigor ao día seguinte de aparecer no BOE.
Té con Gotas publica o seu novo podcast desde Inglaterra. Neste caso analizan o Independent Group, un novo movemento político formado por ex deputados laboristas e conservadores, e entrevistan a pianista e directora musical, Tamara Lorenzo Gabeiras. Miguel Rodríguez e Duarte Romero, os seus directores, explicaron a Praza.gal o proxecto.
A revisión das principais axudas sociais vixentes desmonta a mentira de que a poboación inmigrante teña máis facilidades para acceder a elas. Recólleo eldiario.es. Aínda que a Xunta non respondeu, a poboación estranxeira tamén é minoría nos seus principais subsidios, como a Risga. Na imaxe, unha mobilización para reclamar mellores axudas sociais en Vigo.