A UE contradí á Xunta e nega que estean perdidos os fondos comunitarios para construír a estación intermodal da Coruña porque hai marxe ata 2023. É unha información de La Opinión de A Coruña

A UE contradí á Xunta e nega que estean perdidos os fondos comunitarios para construír a estación intermodal da Coruña porque hai marxe ata 2023. É unha información de La Opinión de A Coruña
O temporal de chuvia e neve mantén unhas 750 vivendas e locais sen luz na Fonsagrada, Meira e Muras. Segundo informa Viesgo -compañía que presta os servizos da antiga Barras Eléctricas-, "máis de 120 persoas" traballan para afrontar as avarías. Os operarios que reparan as liñas e instalan electróxenos móbiles están a "atopar dificultades para avanzar" e mesmo están a ter que empregar "motos de neve" para traballar, afirma a compañía. Na imaxe, equipos da Deputación de Lugo a retirar neve.
Francisco Vázquez participará nunha conferencia-coloquio organizada por Ciudadanos o vindeiro 6 de novembro na Coruña. Albert Rivera destaca que o ex-alcalde socialista "é constitucionalista e ségueo sendo a pesar do sanchismo". "Sería bo que o PSOE escoitara un pouco máis os seus constitucionalistas; nós si imos facelo", engadiu o líder da formación laranxa.
Angela Merkel non se presentará á reelección en 2021. A chanceler alemá, a dirixente europea con maior peso da última década (está no cargo desde 2005), tampouco repetirá como presidenta da súa formación, a CDU. Merkel visitou Galicia en agosto de 2014, cando Rajoy lle prometeu en persoa manter os recortes.
Fomento fixa no 65% os servizos mínimos nos trens de Media Distancia para a folga convocada este mércores por CGT en Renfe e Adif. Nos trens de longa distancia os servizos mínimos serán do 78%. O sindicato reclama tanto melloras laborais como dos servizos que se prestan á cidadanía.
Un voo de Ryanair entre Santiago e Palma de Mallorca estivo o 2 de outubro en risco de colisión con outro da mesma compañía entre Sevilla e Toulouse ao seu paso por Navarra. Así o acredita a investigación do incidente, que recollen a axencia Europa Press e eldiario.es
A Axencia Europea do Medio Ambiente estima en 400.000 as mortes prematuras anuais por mor da contaminación do aire no continente, segundo o informe sobre a calidade do aire que vén de publicar e que resume eldiario.es
A neve marcou a fin de semana nas montañas lucenses e, en menor medida, tamén no leste da provincia de Ourense e algunhas comarcas do centro do país. Para este luns Meteogalicia aínda prevé algunhas nevaradas, pero menos intensas.
Veñen de pechar as urnas en Brasil. Os primeiros datos apuntan a unha clara vitoria do ultradereitista Bolsonaro, que acadaría case o 56% dos votos, fronte ao 44% de Haddad. Nesta reportaxe analízanse algunhas das claves do seu éxito
O Valle de los Caídos provocou case 11 millóns de euros de perdas ao Patrimonio Nacional en dez anos. O Estado corre con todos os gastos do recinto, incluídos comida, teléfono e excursións dos monxes