O Deportivo feminino xógase desde as 12 horas o ascenso á elite do fútbol contra o Femarguín canario, ao que venceu no partido de ida 2-0. O partido pódese seguir pola G2 ou pola web da CRTVG.

O Deportivo feminino xógase desde as 12 horas o ascenso á elite do fútbol contra o Femarguín canario, ao que venceu no partido de ida 2-0. O partido pódese seguir pola G2 ou pola web da CRTVG.
O Breogán cae en Andorra (91-84) e certifica o seu descenso á Liga LEB. O Obradoiro podería asegurar hoxe a salvación se vence o Estudiantes en Madrid.
As enquisas de Faro de Vigo e La Opinión dan unha "vitoria galáctica" a Caballero e outra "axustada" á socialista Inés Rey na Coruña de cara ao 26M. O 'tracking' de La Voz dálle a posibilidade ao PSOE de gobernar as catro cidades. A enquisa de El País para A Coruña outorga tamén a vitoria aos socialistas.
Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "abandonar" o medio rural e de "facer política contra os concellos". O líder do PSdeG acompañou a alcaldesa de Sarria na feira de San Isidro da localidade.
Empeza este sábado a folga de pilotos de helicópteros Babcock, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra os incendios en Galicia, para a que a Xunta decretou uns servizos mínimos do 100%. Os pilotos advertiran hai un mes da posible paralización das emerxencias aéreas.
Falece un surfista na praia do Dique, en Porto do Son, segundo informa o 112. Malia a mobilización de diferentes servizos sanitarios e de emerxencia, "nada puideron facer por salvarlle a vida".
Falece Alexandre Sánchez Vidal, ex-tenente de alcalde de Ourense polo BNG e destacada figura do nacionalismo na cidade.
VINTE tráenos, da man de Héctor Anllo, a previa de #Eurovision, unha guía sobre o festival, os artistas e as cancións e os eurodramas, entre eles o de que esta edición teña que ser en Israel.
O galego Guillermo Meijón incorporarase á dirección do grupo do PSOE no Congreso como voceiro adxunto, segundo vén de confirmar o PSdeG. O PSOE está a designar os seus cargos na Cámara Baixa tras o acordo con Unidas Podemos para a composición da Mesa, que inclúe a elección de Meritxell Batet como presidenta. Na imaxe, Meijón este 17 de maio con Gonzalo Caballero.
A carballeira de Famelga, no concello de Cerdedo-Cotobade, acolleu o pleno extraordinario e público da Real Academia Galega dedicado a Antonio Fraguas. Clodio González Pérez, Fina Casalderrey e Francisco Díaz-Fierros Viqueira interviron no acto de homenaxe, celebrado ao pé da escola na que estudou o mestre e etnógrafo que protagoniza do Día das Letras.