Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "abandonar" o medio rural e de "facer política contra os concellos". O líder do PSdeG acompañou a alcaldesa de Sarria na feira de San Isidro da localidade.

Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "abandonar" o medio rural e de "facer política contra os concellos". O líder do PSdeG acompañou a alcaldesa de Sarria na feira de San Isidro da localidade.
Empeza este sábado a folga de pilotos de helicópteros Babcock, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra os incendios en Galicia, para a que a Xunta decretou uns servizos mínimos do 100%. Os pilotos advertiran hai un mes da posible paralización das emerxencias aéreas.
Falece un surfista na praia do Dique, en Porto do Son, segundo informa o 112. Malia a mobilización de diferentes servizos sanitarios e de emerxencia, "nada puideron facer por salvarlle a vida".
Falece Alexandre Sánchez Vidal, ex-tenente de alcalde de Ourense polo BNG e destacada figura do nacionalismo na cidade.
VINTE tráenos, da man de Héctor Anllo, a previa de #Eurovision, unha guía sobre o festival, os artistas e as cancións e os eurodramas, entre eles o de que esta edición teña que ser en Israel.
O galego Guillermo Meijón incorporarase á dirección do grupo do PSOE no Congreso como voceiro adxunto, segundo vén de confirmar o PSdeG. O PSOE está a designar os seus cargos na Cámara Baixa tras o acordo con Unidas Podemos para a composición da Mesa, que inclúe a elección de Meritxell Batet como presidenta. Na imaxe, Meijón este 17 de maio con Gonzalo Caballero.
A carballeira de Famelga, no concello de Cerdedo-Cotobade, acolleu o pleno extraordinario e público da Real Academia Galega dedicado a Antonio Fraguas. Clodio González Pérez, Fina Casalderrey e Francisco Díaz-Fierros Viqueira interviron no acto de homenaxe, celebrado ao pé da escola na que estudou o mestre e etnógrafo que protagoniza do Día das Letras.
Pontevedra acolleu a presentación da curtametraxe documental 'Amantes da Terra', unha aproximación á figura de Antonio Fraguas a través de diversos testemuños.
Manifestacións e concentracións nunha ducia de cidades e vilas galegas reclaman nestes momentos "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega. Imaxe: @rubencela
Morre o empresario lucense Jorge Dorribo, centro das investigacións do Caso Campeón por fraude millonaria en subvencións da Xunta. Dorribo, de 54 anos de idade, faleceu en Barcelona por un ataque ao corazón