Morre o empresario lucense Jorge Dorribo, centro das investigacións do Caso Campeón por fraude millonaria en subvencións da Xunta. Dorribo, de 54 anos de idade, faleceu en Barcelona por un ataque ao corazón
Fálase
O TSXG confirma a caducidade da Iniciativa Lexislativa Popular para instar á Xunta a apoiar o macrocentro comercial de Porto Cabral, rexeitando o recurso da Comunidade de Montes e ratificando a decisión do Parlamento
O PSOE proporá a Meritxell Batet para presidir o Congreso e a Manuel Cruz, para o Senado, ambos os dous cataláns
O Concello de Santiago denuncia a "agresión cun obxecto punzante" sobre o petróglifo do Castriño de Conxo. Na imaxe, a arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro, e o presidente do colectivo A Rula, Luis Lecrere, observando os desperfectos.
A folga en PSA Citroën paraliza "por completo" a planta de Vigo, segundo os sindicatos, que cifran o seguimento dos paros entre un 80 e un 90%, fronte ao 15% no que o cifra a compañía. Os sindicatos UGT, CCOO e CIG, co apoio da CUT, critican a "sobrecarga de traballo” e a “lamentable situación de saúde laboral” e aseguran que puideron deixar de producirse uns 600 automóbiles.
O Portal da Lingua da Xunta (www.lingua.gal) difunde unha ducia de vídeos de conversas con Antonio Fraguas pouco antes do seu pasamento: A campaña polo Estatuto, as Irmandades, Castelao...
De Lomax a YouTube. Arquivando a música na era dixital. Vinte recolle as voces expertas que analizan como enfocar o arquivo da música do pasado, conservándoa para as vindeiras xeracións.
Veciños e veciñas da illa de Ons e de todo o Concello de Bueu concentráronse este mércores en Compostela para esixirlle á Xunta que permita a entrada libre do arquipélago dos familiares e persoas achegadas ás residentes
O Parlament rexeita a designación de Miquel Iceta como senador. O pleno pecha a porta ao líder do PSC co voto dos independentistas e os socialistas advirten de que terá consecuencias na relación entre España e Catalunya.
Gravan un grupo de 150 arroaces nadando xuntos preto da Illa de Ons. O BDRI destaca que o habitual é que os grupos desta especie non superen os 15 exemplares. Entidades como CEMMA alertan das numerosas mortes de arroaces provocadas pola pesca accidental.