A folga en PSA Citroën paraliza "por completo" a planta de Vigo, segundo os sindicatos, que cifran o seguimento dos paros entre un 80 e un 90%, fronte ao 15% no que o cifra a compañía. Os sindicatos UGT, CCOO e CIG, co apoio da CUT, critican a "sobrecarga de traballo” e a “lamentable situación de saúde laboral” e aseguran que puideron deixar de producirse uns 600 automóbiles.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/citroen-0cb7b7f.jpeg)