Veciños e veciñas da illa de Ons e de todo o Concello de Bueu concentráronse este mércores en Compostela para esixirlle á Xunta que permita a entrada libre do arquipélago dos familiares e persoas achegadas ás residentes
Fálase
O Parlament rexeita a designación de Miquel Iceta como senador. O pleno pecha a porta ao líder do PSC co voto dos independentistas e os socialistas advirten de que terá consecuencias na relación entre España e Catalunya.
Gravan un grupo de 150 arroaces nadando xuntos preto da Illa de Ons. O BDRI destaca que o habitual é que os grupos desta especie non superen os 15 exemplares. Entidades como CEMMA alertan das numerosas mortes de arroaces provocadas pola pesca accidental.
Detido en Francia o ex xefe político de ETA 'Josu Ternera' nunha operación conxunta das policías española e gala. Estaba fuxido da Xustiza dende o ano 2003.
Unha concentración de Unións Agrarias protesta nestes momentos en Vimianzo contra a violencia machista despois do ataque sufrido este mércores por unha traballadora do sindicato, que foi acoitelada por un home, supostamente a súa exparella
O Caudal Fest anuncia o seu cartel e porá á venta as primeiras entradas o vindeiro martes.
Nova folga na sanidade galega o 19 de xuño. A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca un paro de todos os licenciados sanitarios en Galicia e apoia os que xa están previstos na Atención Primaria de Vigo a vindeira semana tras a división do conflito sanitario en varias frontes.
Té con Gotas publica o seu novo podcast desde o Reino Unido, un especial sobre o voto rogado e a participación política da diáspora que inclúe unha conversa con Anxo Lugilde
VIOLENCIA MACHISTA | Un home agride a coiteladas a súa ex-parella en Vimianzo. A Garda Civil procura o agresor mentres a muller tivo que ser trasladada en helicóptero ao hospital pola gravidade das feridas. O Concello vimiancés xa amosou a súa condena desta agresión machista e o alcalde, Manuel Antelo, convocou un pleno extraordinario no que toda a corporación amosará "a súa solidariedade coa vítima e a súa familia".
Os Estados Unidos seguen a tensar as relacións con Irán e amagan cunha intervención militar en vésperas electorais para Trump. Análise en eldiario.es