VIOLENCIA MACHISTA | Un home agride a coiteladas a súa ex-parella en Vimianzo. A Garda Civil procura o agresor mentres a muller tivo que ser trasladada en helicóptero ao hospital pola gravidade das feridas. O Concello vimiancés xa amosou a súa condena desta agresión machista e o alcalde, Manuel Antelo, convocou un pleno extraordinario no que toda a corporación amosará "a súa solidariedade coa vítima e a súa familia".
