O antigo frade do Cebreiro, condenado a 12 anos de prisión por abusar de dous menores. A Audiencia de Lugo considera probado que cometeu "dous delitos de abuso sexual, un deles continuado, con prevalimento e acceso carnal" e "outro delito continuado de utilización de menor para elaboración de material pornográfico". Na imaxe, o acusado captado polas cámaras da TVG durante o xuízo.
