O Tribunal Supremo rexeita excarcerar os líderes de ERC e JxCat en prisión preventiva, pero Oriol Junqueras, Raül Romeva, Jordi Turull, Josep Rull e Jordi Sànchez poderán acudir á constitución das Cortes o vindeiro 21 de maio como deputados e senadores electos.
Fálase
Comeza arestora na TVG o debate entre os principais candidatos á alcaldía na Coruña. Pódese seguir nesta ligazón
O CD Lugo anula o Día do Club para o derbi ante o Deportivo do domingo e devolverá o importe das entradas xa retiradas. A decisión da directiva de cobrarlles aos socios nun partido decisivo creara un "unánime malestar" expresado pola Federación de Peñas, que convidara o club a "rectificar" e animara os seareiros a non mercar billete ningún.
O Goberno de España retira unha fragata dun grupo de combate encabezado polos Estados Unidos a causa da escalada de tensión con Irán tras rachar o Goberno de Trump o acordo nuclear con este país. Na imaxe, a fragata Méndez Núñez en Ferrol.
O Caudal Fest xa ten datas: a segunda edición do festival celebrarase o 20 e 21 de setembro en Lugo.
26M | Dende as 13:00 a Radio Galega emite debates electorais coas principais forzas políticas que concorren en Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo e Santiago e o martes, coas de Pontevedra e Ferrol.
26M | O PPdeG evidencia a súa disposición a pactar con Vox se o precisa para optar a algún goberno nas cidades galegas. Así o manifestou o secretario xeral dos populares nunha entrevista na Cadena SER
7.675 persoas presentáronse ás oposicións de enfermería do Sergas, que se están a celebrar en Silleda, unha participación do 87%. Unha gran maioría delas vestían prendas negras, seguindo o chamamento do colectivo de persoal eventual
O Dépor, a un paso do ascenso á Liga Iberdrola, máxima categoría do fútbol feminino. As xogadoras branquiazuis derrotaron o Fermaguín por 2 a 0, con goles de Peke e Nuria. O desenlace, o vindeiro domingo ás 12 horas en Arguineguín (Gran Canaria)
O PSdeG-PSOE podería gobernar 6 das 7 cidades, segundo a primeira entrega do tracking que La Voz de Galicia publicará ao longo da campaña. Os socialistas conservarían Vigo (ampliando a súa maioría) e Lugo, e poderían facerse con A Coruña, Compostela e Ferrol, sendo ademais a forza máis votada en Ourense. O BNG acadaría a maioría absoluta en Pontevedra e o PP descendería en todas as urbes.