O Goberno de España retira unha fragata dun grupo de combate encabezado polos Estados Unidos a causa da escalada de tensión con Irán tras rachar o Goberno de Trump o acordo nuclear con este país. Na imaxe, a fragata Méndez Núñez en Ferrol.

O Goberno de España retira unha fragata dun grupo de combate encabezado polos Estados Unidos a causa da escalada de tensión con Irán tras rachar o Goberno de Trump o acordo nuclear con este país. Na imaxe, a fragata Méndez Núñez en Ferrol.
O Caudal Fest xa ten datas: a segunda edición do festival celebrarase o 20 e 21 de setembro en Lugo.
26M | Dende as 13:00 a Radio Galega emite debates electorais coas principais forzas políticas que concorren en Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo e Santiago e o martes, coas de Pontevedra e Ferrol.
26M | O PPdeG evidencia a súa disposición a pactar con Vox se o precisa para optar a algún goberno nas cidades galegas. Así o manifestou o secretario xeral dos populares nunha entrevista na Cadena SER
7.675 persoas presentáronse ás oposicións de enfermería do Sergas, que se están a celebrar en Silleda, unha participación do 87%. Unha gran maioría delas vestían prendas negras, seguindo o chamamento do colectivo de persoal eventual
O Dépor, a un paso do ascenso á Liga Iberdrola, máxima categoría do fútbol feminino. As xogadoras branquiazuis derrotaron o Fermaguín por 2 a 0, con goles de Peke e Nuria. O desenlace, o vindeiro domingo ás 12 horas en Arguineguín (Gran Canaria)
O PSdeG-PSOE podería gobernar 6 das 7 cidades, segundo a primeira entrega do tracking que La Voz de Galicia publicará ao longo da campaña. Os socialistas conservarían Vigo (ampliando a súa maioría) e Lugo, e poderían facerse con A Coruña, Compostela e Ferrol, sendo ademais a forza máis votada en Ourense. O BNG acadaría a maioría absoluta en Pontevedra e o PP descendería en todas as urbes.
Compostela acolleu a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, organizados por pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). Estes son os gañadores e gañadoras
O CGAC homenaxeou este venres a Berta Cáccamo, finada hai un ano. O evento, no que participaron Santi Olmo, Carlota Álvarez Basso, Juan Martínez de la Colina, Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan de Nieves, Miquel Mont e Anne-Marie Cornu, pechouse coa proxección do filme "Un recorrido con Berta" (Anne-Marie Cornu, 2017-2018).
Susana Sánchez Arins e Marta Chaves gañan o certame aRi[t]mar Galiza e Portugal 2019, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela. Os poemas serán interpretados na Gala que se realizará en outono, xunto coas cancións premiadas de Tanxugueiras e Os Azeitonas, e a participación de Uxía, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona.